Eliximos Narón pide que se cumpra coa normativa no centro socio-cultural de Pedroso.

naron-pedroso-centro culturalEliximos Narón presentou o pasado día 19 unha moción para o pleno de Narón co obxectivo de paralizar a licitación da reforma da casa reitoral de Pedroso ata dispoñer de un proxecto que cumpra coa normativa vixente, xa que non cumpre coas novas normas do Código Técnico da Edificación nin coas de accesibilidade e  revisar o proxecto de acordo coa nova normativa e introducir outras melloras nos aspectos de eficiencia enerxética, accesibilidade, habilitación, distribución de locais, e instalacións.

Promesa do alcalde

Nun comunicado dí que “Logo de ir retrasando a aprobación da moción a petición do goberno coa desculpa de estudar o proxecto, finalmente deixámola pendente e non irá no pleno deste mes a espera da acción do goberno, pois o alcalde prometeu que se non se podía licitar non se faría.

O proxecto se está refacendo porque non cumpre a lei, e agora sospeitamos que se pretende facer co mínimo para cumprir a legalidade e tratando de encaixalo no presuposto actual a fin de non perdela asignación dos cartos para este ano da Deputación.

É evidente que o proxecto non será o existente e, polo tanto, habería que parala licitación ata ter o novo. Entendemos que como non se pode construír con mais calidade para os mesmos cartos, unha de dúas, ou o proxecto estaba sobre valorado (o cal non sería de estrañar), ou faranse máis recortes a un proxecto agora xa moi pobre.

Este proxecto parece envolto en varias irregularidades, pois cando quixemos saber as condicións nas que se contratará dixéronos que non había contrato, e á pregunta de como se pagou dixéronnos que fora a conta de perdas do concello. Por outra parte, cando lles preguntamos os técnicos do concello pola supervisión do proxecto e súa opinión sobre o mesmo, dixéronnos que ata aquel momento non viran a documentación.

Este é un proxecto que se fixo sen contar coa veciñanza á que vai dedicado, e conta co rexeitamento de boa parte dos veciños, comezando polo feito de implicar o derribo de unha planta coa desculpa da estética para logo poñerlle arrimos en forma de cubo, totalmente afastados da tipoloxía das construción galegas e do estilo indiano do propio edificio.

Despois deste proceso escuro, encontrámonos cun proxecto que cando se entregou xa cambiara a normativa, e que non se construíu no prazo de marxe establecido.

Esquecido, coma outras cousas, agora non serve para nada porque non cumpre coas normas actuais, e non podemos nin debemos consentir que se faga unha obra que non cumpra para o pouco de rematala tela que reformar como ocorre en demasiadas ocasións».

Un proxecto de baixa calidade e alto prezo.

«A pesar dos 360.948 euros do custe da obra, o proxecto moi pouco ambicioso, que xeraría una construción de baixa calidade e prestacións, cunha baixa eficiencia enerxética e illamento acústico.

Non contempla instalación para ventilación e para a calefacción só os tubos de preinstalación, e para iso en aceiro.

Quítanlle unha planta a casa actual mentres que ao andar baixo cuberta déixano tamén condenado xa que non leva mais que dúas bases de enchufes e seis lámparas, o sitio para dous radiadores, e dúas pequenas xanelas, sen ascensor nin aseos. No primeiro andar so catro bases de enchufe, oito lámparas, o sitio para catro radiadores e só un aseo. Na mini-cociña do baixo non hai sitio para un frigorífico nin preinstalación para lavalouzas.”, remata o comunicado.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

Un comentario

  1. Cuando él miedo escénico te puede y no sois capaces de presentar nada concluyente y claro a los ciudadanos, vía mocion, tega os tiene niguneados bajo su zapato y el puesto os queda grande, la inseguridad té atenaza porque nunca as sido un lider y ciertas actitudes y enseguridades te pasan factura,
    Suelta el acta de concejal que nunca deberías ocupar porque no tienes madera útil para un puesto Qué requirente actitud de servicio publico del que careces
    piensa medita y actúa en consecuencia
    un ciudano de naron sumamente concieciado