O BNG considera necesario compartir co conxunto de veciños e veciñas da nosa cidade a información que temos sobre esta cuestión de actualidade e que consideramos que é un tema que suscita un grande interese na cidade.
O BNG lembra que durante o mes de xullo deste ano os veciños e veciñas desta Cidade sufrimos restriccións na rede de abastecemento municipal por problemas na potabilización da auga. Despois de tres meses a comisión de investigación anunciada polo actual goberno está paralizada.
Así mesmo durante o mes de Agosto confirmouse algo que todos e todas intuíamos. A depuradora da cidade, despois de décadas de abandono, non depuraba. Esto non impediu que se nos cobrase por este servizo máis de 800.000 euros no remate do ano 2014 e sen que a día de hoxe coñezamos cando se nos vai devolver o recibo cobrado.
A día de hoxe os convenios asinados polo PP no anterior mandato seguen vixentes e as súas condicións tamén e o convenio coa empresa ACUAES obriga aos veciños e veciñas da cidade a pagar a partir de 2016 as obras da infraestrutura de saneamento que se estan a desenvolver na cidade e que deberían rematar neste ano 2015.
Desde o BNG informarán que o convenio con Augas de Galicia implica que o Concello de Ferrol ten que xestionar unha infraestrutura obsoleta e que no momento actual non funciona como é a EDAR. A encomenda de xestión asinada con EMAFESA establece que os veciños paguemos unha taxa para pagar as obras incluídas no convenio con ACUAES, a posta en funcionamento da rede que supón máis de 2M de euros e polo servizo de depuración das augas residuais do Concello que segue sen existir.
Ao engano do PP sobre a EDAR súmaselle agora o acordo do goberno de PSOE, EU, ANOVA e adscritos a titulo individual en PODEMOS para non revisar ningún destes acordos nen cuestionar un deseño de rede unitaria, irracional e insostible económica e medioambientalmente.
É por isto que desde o BNG convidan a asistir a este encontro a todas aquelas persoas que queiran ter máis información sobre estas cuestións e coñecer as nosas propostas para as mesmas.
Seguro que temos a Cesio, o que entrou a traballar na confraría de Barallobre daquela maneira, dándo leccións a todo o mundo.
Seguro que está moi ledo de que a Autoridade Portuaria de Ferrol lle prorrogase a concesión a Reganosa