O Bloque Nacionalista galego de Ferrol expresou na mañá deste venres o seu rotundo rexeitamento á moción que vai presentar para o seu debate no Pleno do próximo xoves o grupo municipal de Ciudadanos «relativa á adopción de medidas oportunas para restablecer a situación de legalidade vulnerada pola aprobación da Ordenanza de normalización lingüística do 27 de xuño de 1997». Con esta moción o que se pretende é derrogar varios artigos desta ordenanza baixo a desculpa dunha suposta e falsa “imposición do galego” entre eles derrogar que o galego deixe de ser o idioma oficial do Concello de Ferrol.
Eva Espiñeira, concelleira do BNG, afirmou que «con esta proposta Ciudadanos pretende converter á vítima en verdugo», e situou esta iniciativa na liña de asociacións como Galicia Bilingüe, «asociación que se constituíu fundamentalmente co obxectivo de inventarse unha suposta discriminación do español en Galiza, cando a realidade é totalmente a contraria«. Afirmou que na Galiza si que existe realmente un conflito lingüístico no noso país, pero non nos termos que presenta Ciudadanos nesta moción.
O BNG sinala que se as intencións fosen boas, no sentido de acadar unha ideal igualdade entre o galego e castelán, Ciudadanos estaría a reclamar máis usos sociais e públicos para o galego.
A concelleira do BNG, Eva Espiñeira, indicou que «a realidade paralela e inventada sobre a imposición do galego non ten nada que ver coa realidade existente. A actual situación do galego é cada vez máis dramática, e os datos móstrannos que o monolingüismo en castelán segue medrando entre os galegos e galegas, mentres a porcentaxe de nenos e nenas que non falan nunca o galego incrementouse nos últimos anos en 18 puntos. Só un 13% dos nenos se expresan en galego».
O BNG lembroulle ao grupo municipal de Ciudadanos que «a verdadeira imposición son as políticas educativas do Estado español desenvolvidas de maneira cómplice pola Xunta, incapaz de respectar a diversidade lingüística. As consecuencias son terribles para o galego: imponse o castelán e faise desaparecer paulatinamente a lingua galega do sistema educativo. E todo isto, coas dramáticas consecuencias na perda de competencias lingüísticas para moitos nenos e nenas. A imposición lingüística lidéraa o PP que non respecta nin sequera a nosa toponimia e a deturpa unha e outra vez».
O BNG indica que nesta proposta Ciudadanos di que está a favor de que o galego se normalice, pero pola contra pretende recortarlle aínda máis os poucos dereitos que ten.
Na súa proposta Ciudadanos pide que se supriman até 6 artigos da actual Ordenanza de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol entre eles o que indica que o galego, como lingua propia de Galiza, é o idioma oficial do Concello de Ferrol; Que as actuacións administrativas realizadas en galego en territorio municipal terán plena validez e eficacia.
Cumprimento da Ordenanza Municipal por parte do goberno local
O BNG considera que o actual goberno municipal de Ferrol carece dun compromiso real e efectivo cao promoción da nosa lingua e o instou a desenvolver unha acción decidida para conseguir unha normalización real da lingua galega no concello de Ferrol emprezando por cumprir a Ordenanza de Normalización lingüística e a desenvolver o Plan Xeral de Normalización da lingua Galega tal e como se comprometera ao inicio do mandato.
Así mesmo desde o BNG censuraron o comportamento diglósico do alcalde de Ferrol quen hai uns días inauguraba en español, un congreso sobre a industria naval celebrado na cidade e repetía a mesma actittude na súa clausura.
¡Qué poquito cuesta mentir, aunque sea en público! ¿Cómo puede sostener nadie que imponer una lengua frente a la otra pueda ser mejor que dejar libertad a cada uno de usar la que desee? ¿qué depravación puede hacer que se niegue lo que es sabido por todos? ¿Cómo pueden negar sin rubor que la lengua utilizada por la inmensa mayoría de los ferrolanos está proscrita de los actos públicos y que hasta los castellano-parlantes farfullan una inconexa salmodia de neologismos con tal de parecer más modernos, tolerantes o sabe Dios qué?
¡Por supuesto que hay que derogar cualquier ordenanza que imponga una lengua y prohíba la otra!
Qué vergüenza, por favor.
Libertad, libertad!! repetían en las manidas hace cuarenta años, y era mentira, no quieren la libertad, quieren imponer su pensamiento y su lengua, que por cierto yo hablo con mucha más decencia que muchos de ellos, pero la hablo CANDO E DONDE ME PETA.
O BNG mente, non se trata de que o galego deíxe de ser a ligua oficial de Galicia, se non que comporta a sua oficilidade có castelán como dí o estatuto da autonomía galega, e que cada un fale na lingua que lle pete.