O BNG de Ferrol responde ás descalificacións de Yolanda Díaz

bng-080515 (1)

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol afirma que a «estratexia baseada na descalificación, a mentira e a carencia de argumentos que esta a desenvolver a cordinadora en Galiza de Izquierda Unida, Yolanda Díaz, non vai impedir que o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol siga a desenvolver unha política baseada na coherencia e na defensa dos principios ideolóxicos cos que se presentou as eleccións municipais e que está a poñer en evidencia as contradiccións as dependencias de Madrid, e as similitudes co PP da organización política à que ela pertence e da que forma parte o Alcalde da nosa cidade».

Desta xeito, dende o BNG consideran que «é lexítimo que o goberno local de Ferrol continue a desenvolver unha prática política moi similar a do anterior goberno do Partido Popular. O que é incomprensíbel é que por parte deste goberno e de organizacións políticas como Izquierda Unida se pretenda silenciar, mediante a descalificación e inventando acusacións, à única organización política que esta a cuestionar as decisións que se toman por parte deste goberno municipal, incluido o caracter antidemocrático que supón non convocar as comisións ordinarias, entregar a documentación fora de prazo ou adoptar mediante decretos de alcaldía as decisións que é incapaz de consensuar nos debates co resto de organizacións políticas».

Lea también

El alumnado del CEIP Leixa tuvo una jornada formativa en los recursos sociales del Concello de Ferrol

El Concello de Ferrol quiere dar a conocer su funcionamiento entre el alumnado de los …

Un comentario

  1. El Bloque acusa a IU de ser como el PP e IU acusa al Bloque de ser como el PP y pelea va, pelea viene. Paripé para hacernos creer que se llevan mal cuando luego son lo mismo y votan todo juntos.