O BNG demando ao goberno local que axilice xestións sobre o CEIP Recimil

ceip recimil 17-4O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol demanda ao goberno local que axilice as xestións que se comprometeu a realizar de cara a buscar unha solución ao conflito do CEIP de Recimil, que cumpre xa varias semanas de protestas e reivindicacións por parte da comunidade educativa contra os recortes que están a padecer.

«O BNG-sinala nun comunicado- aproveitará a reunión da comisión informativa de educación, que se vai celebrar mañá venres, para instar ao concelleiro, Suso Basterrechea, a que concrete inmediatamente a reunión que anunciou que ían ter el e mais o alcalde, Jorge Suárez, co Conselleiro de Educación Román Rodríguez, co fin de intermediar e buscar unha solución rápida e satisfactoria aos inxustos recortes sufridos no CEIP Recimil. Desde o BNG imos reiterarlle ao concelleiro que axilice estas xestións pola urxencia e a inxustiza que supón esta falta de persoal docente nun centro de ensino público tan comprometido coa diversidade social do seu alumnado».

Desde o BNG «consideramos que esta é unha situación inxusta e inxustificable xa que estes recortes prodúcense neste centro fronte a outros centros de ensino non público. Por todo isto, queremos volver mostrar o noso apoio aos pais e nais de Recimil nesta loita incansábel por defender o dereito dos seus fillos e das súas fillas a un ensino galego público e de calidade.

Así mesmo desde o BNG consideramos urxente que se constitua o Consello Escolar Municipal para abordar desde unha óptica global a situación actual do ensino público na nosa cidade e acadar un compromiso de toda a comunidade escolar do concello contra os recortes educativos e na defensa do ensino público».

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

Un comentario

  1. Ao concelleiro de Educación,Suso Basterrechea, non lle interesan os temas de educación.
    Ao Goberno Municipal, tendo en conta que varios dos seus membros mandan os fillos ó Ensino Privado Concentrado incluso RELIXIOSO, pois tampouco lles importa