O BNG pide axuda para que os montes do Chá sexan declarados de man común

montes de chaO BNG demandou este martes, día 28, ao goberno municipal que apoie e poña a disposición dos veciños e veciñas de Brión e Doniños os recursos necesarios para que os Montes do Chá sexan declarados de man común, logo da decisión do Xurado Provincial de Montes de desestimar a demanda interposta por este colectivo veciñal.

Tras a reunión mantida polo Xurado Provincial de Montes o pasado día 10 de xullo, este resolveu desestimar a demanda interposta polos veciños e veciñas de Brión e Doniños e non clasificar os montes do Chá como montes veciñais en man común. Unha decisión que desde o BNG non compartimos e da que cremos que o Concello de Ferrol, por medio do seu goberno local, e avalada pola resolución plenaria do pasado día 2 de xullo debe traballadar do lado dos veciños e veciñas para devolverlles a titularidade destes Montes.

O BNG demanda do goberno local a posta a disposición dos servizos municipais, tanto técnicos como xurídicos, para colaborar cos veciños e veciñas na resolución dun problema político produto da usurpación destes montes durante a ditadura.

O acordo plenario, promovido polo BNG, o pasado 2 de xullo, no que o Concello de Ferrol recoñecía oficialmente que os montes do cha son dos veciños e veciñas non pode ficar nun mero posicionamento político senón que debe servir de base para acadar estes obxectivos e para que logo de anos de reclamacións, este colectivo veciñal poida comprobar como o seu esforzo colectivo serviu para mudar a situación e que sexan atendidas as súas reivindicacións.

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …

Un comentario

  1. ¿De verdad que no hay problemas más acuciantes en la ciudad?