O PSdG-PSOE de Narón aposta pola xuventude

naron-catalina garciaA candidatura socialista de Narón, Catalina García, organizou na tarde deste mércores, día 20, unha serie de torneos de futbolín, billar e tute pensados para os mozos e as mozas do municipio. A actividade tivo lugar no local social de A Gándara e entre partida e partida os socialistas e as socialistas explicaron aos asistentes as súas propostas no eido da xuventude.

A candidata sinalou que «Narón é un concello mozo comparado cos datos poboacionais da comunidade autónoma, xa que o 12,69 % da poboación sitúase na franxa comprendida entre os 15 e os 29 anos de idade. A pesares de representar unha boa parte da sociedade do municipio, a actividade municipal non satisface as súas necesidades e non se teñen en conta as súas inquedanzas.»

O PSdeG-PSOE de Narón aspira «a facer da xuventude un eixo central da vida cotiá da cidade, poñendo en marcha políticas que impulsen o ocio, a cultura e a súa integración social. Queremos apostar abertamente pola nosa mocidade, e por iso promoveremos a constitución do Consello Municipal da Mocidade para escoitar as súas propostas e as súas ideas», afirma Catalina García.

Os socialistas e as socialistas porán en valor e revitalizarán a Casa da Mocidade e o seu complexo contando para elo cos seus usuarios e usuarias. Serán eles e elas quenes decidan cales son os pasos a dar para facer deste espazo “un punto de encontro común, un espazo de lecer, un espazo onde debatir, un espazo onde poder poñer en común aos nosos mozos e ás nosas mozas», indicou García.

Asimesmo, a candidata socialista á Alcaldía de Narón aposta por promover a creación dun festival de música enfocado á xuventude, coparticipado polos Concellos de Ferrolterra. O obxectivo é que sexa un festival impulsado desde Narón pero pensado “para toda a mocidade de Ferrolterra, no que participen todos e cada un dos municipios e que vaia rotando cada ano por un diferente”.

E é que os socialistas e as socialistas naroneses sinalou Catalina Garcia  “queremos apostar claramente pola mocidade, non só do noso Concello, senón de toda a comarca de Ferrolterra», concluíu a candidata. Ademais, desde o PSdeG-PSOE de Narón habilitarán espazos de ocio nocturno para os mozos e mozas e crearán tamén unha Oficina de Voluntariado.

Outras propostas no eido da xuventude son: desenvolver plans de formación promovendo convenios para a realización de prácticas formativas; impulsar plans municipais para o autoemprego e o emprendemento xuvenil; favorecer o xurdimento dun tecido asociativo xuvenil e promover o ocio activo e saudable, así como a práctica de actividades deportivas, culturais e artísticas.

Mellorar as becas de transporte para universitarios, impulsar un programa de intercambio de estudantes con outros países; faciliar bonos culturais para facilitar o acceso á cultura e ocio, apostar por programacións especiais coma cine ao aire libre, concertos, festas ou rutas de sendeirismo e crear concursos e certames que premien talentos artísticos de xente novel, son tamén iniciativas que se recollen no programa socialista de Narón.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en el Campeonato Gallego

El  pasado sábado a jornada completa compitieron las más jóvenes de Arco Recurvo y las …

3 comentarios

  1. O cuatripartito da vergoña

  2. Esto ex el colmo en cuatro años se pasa por el forro la participación y a ora a vender milongas que es gratis total nose cumplen, lo importante es trincar otros cuatro años? tremenda jeta le echan