O local social de Xuvia acolleu na tarde deste venres, día 15, un novo mitin do equipo de Terra Galega Narón, no que acompañaron ao candidato á Alcaldía, José Manuel Blanco, o secretario xeral do partido, Guillermo Sánchez Fojo, e Ibán Santalla, integrante da candidatura de TEGA no municipio.
Comezou a súa intervención Santalla valorando as políticas levadas a cabo por Terra Galega nos últimos anos no municipio en xeral e na parroquia de Xuvia en particular, para continuar o turno de intervencións Sánchez Fojo, moi crítico co candidato popular, Miguel de Santiago, do que dixo que é “unha persoa ingrata para Narón e que está nun partido capaz de manipular o que sexa necesario, dicindo trapalladas e acusando de corrupto ao equipo de Terra Galega con prácticas propias da política fascista”. O secretario xeral de TEGA subliñou a honradez dos integrantes do partido, que contrasta, dixo, “co que todos vemos e sabemos, e así o confirman os xuíces, de moitos militantes e cargos do Partido Popular”.
Sánchez Fojo instou a De Santiago a dar a cara é ir á Fiscalía se teñen algo que denunciar e sobre o que se pronunciarán no seu momento os xuíces. “Que dean a cara como fixemos nós, que tamén tivemos que ir á Fiscalía para que lle deran aos veciños e veciñas de Narón máis dun millón de euros que lles correspondían da Deputación da Coruña. Nós denunciamos e como tiñamos razón, por iso viñeron os cartos que lles pertencían aos naroneses”, explicou.
O candidato de Terra Galega, José Manuel Blanco, lamentou na súa intervención o nulo compromiso dos populares con Narón en xeral e coa parroquia de Xuvia en particular. “Viñeron en dúas ocasións con representantes doutras administracións supramunicipais, unha hai poucos meses, para anunciar o inicio inminente da obra da cuberta do patio do colexio Ponte de Xuvia, actuación que aínda hoxe vemos que non está nin iniciada a pesar de que un dos concelleiros do PP de Narón, Hipólito Fariñas, é veciño de Xuvia e palamentario na Xunta de Galicia, de quen dependen eses traballos”. Blanco denunciou o retraso que acumula a intervención e asegurou que o Concello remodelará a praza localizada nas inmediacións do centro escolar e tamén recuperará o patrimonio da parroquia, como o muíño de Xuvia, con cargo aos fondos europeos do plan 2016-2020.
O candidato de Terra Galega á Alcaldía de Narón indicou que Xuvia é unha das parroquias do municipio con máis espacios públicos –prazas, zonas verdes e dotacionais- e anunciou a intención do partido de amplialos. Ademais, Blanco explicou que se convocará un concurso de ideas para determinar os usos dotacionais públicos da parcela do antigo cuartel da Garda Civil, “onde o PP anunciou a bombo e platillo que quería habilitar vivendas para mulleres vítimas de violencia de xénero, instalacións que por razóns obvias de seguridade nunca se di onde se atopan, pero que os populares naroneses quixeron vender como un gran proxecto electoral”, apuntou.
Outra das actuacións previstas no programa de Terra Galega é continuar destinando partidas orzamentarias para converter o chalé de San Román nun referente da parroquia, onde os veciños e veciñas poidan levar a cabo diferentes actividades. A unión do paseo de Xuvia co muíño das Aceñas é outra das accións previstas por TEGA para o vindeiro mandato.
“Nós cumprimos o que dicimos, non facemos como algúns que fan 587 propostas que valen o mesmo para Narón que para Toledo ou Boimorto”, asegurou Blanco, apelando á “incapacidade dos populares naroneses para levar a cabo xestións ante o seu partido en beneficio dos veciños e veciñas de Narón”.
Jajajajajaja. Os unicos corruptos son eles, que teñen a toda a sua familia e amigos, enchufados e cobrando de empresas que lles enchen os bolsillos de cartos. Non gastaron un peso en catro ano.
CLAAAARO, FIXERON OS OUTROS…, QUE O ÚNICO QUE PRETENDEN É FACERNOS OS TÍTERES DE FERROLIÑO, DOS SEUS DIRIXENTES ADSCRITOS A INFINITAS ADMINISTRACIÓNS (COBRANDO DE TODAS ELAS) E DA SÚA POLÍTICA DE ENMERDAR Á XENTE E FUSIONAR OS MUNICIPIOS, CÓ ÚNICO OBXECTIVO DE SANEAR O CONCELLO DO LADO COA FINANCIACIÓN DE NARÓN A FONDO PERDIDO!!!.
ESPERTADE ANDA, QUE SE LLES VÉ DEMASIADO O PLUMEIRO!!!.