No mitin de Freixeiro, Blanco arremeteu contra as políticas caciquís do PP

naron-tega-14O candidato á Alcaldía de Narón por Terra Galega, José Manuel Blanco, estivo acompañadona tarde deste xoves, día 14, polo secretario xeral do partido, Guillermo Sánchez Fojo, e polos candidatos María del Carmen Espada e Daniel Rico no mitin celebrado no local social de Freixeiro. Na súa intervención, Espada e Rico relataron algunhas das actuacións executadas na parroquia durante o último mandato e destacaron a calidade dos servizos que actualmente se prestan no municipio, ao tempo que pediron o respaldo dos veciños e veciñas nas urnas, o vindeiro 24 de maio, para que Narón continúe avanzando porque, apuntou Espada, “non se poden dar pasos atrás”.

O tamén candidato do partido e secretario xeral da formación, Guillermo Sánchez Fojo, recordou aos asistentes que “imos pola décima lexislatura e levamos 36 anos gobenando por e para os veciños e veciñas de Narón”. Sánchez Fojo arremeteu contra as “políticas caciquís do Partido Popular”, explicando que nas administracións supramunicipais nas que gobernan “non reparten os cartos como teñen que facelo e non teñen reparos en deixar a Narón fóra de múltiples axudas, o que é máis grave aínda tendo en conta que votan a favor desa discriminación concelleiros do PP de Narón que están na Xunta e na Deputación”.

O cabeza de lista de Terra Galega, José Manuel Blanco, falou en Freixeiro do saneamento, e, en referencia ás promesas do PP en tempos de campaña nesta parroquia, Blanco afirmou que “teñen tal nivel de descoñecemento que non saben aínda que está a piques de contratarse a obra de saneamento da ría que permitirá que os traballos queden listos a finais deste ano, coa depuración do río Freixeiro”. O candidato á reelección por TEGA subliñou que foron precisamente as xestións realizadas polo equipo de goberno as que conseguiron que se incluíse esta obra no saneamento integral da ría porque, denunciou “o PP de Narón, por non esixir nada ao seu partido, xa se conformaba con que os traballos acabasen no Cadaval”.

Blanco pronunciouse ademáis sobre o compromiso do PP local a erradicar o chabolismo en Freixeiro. “O seu nivel de descoñecemento da política municipal é tal, a pesares de ser algúns concelleiros, que o primeiro que teñen que explicar é en qué situación están esas construcións”. Sobre o chabolismo de Freixeiro Blanco explicou que hai que ter en conta tres factores determinantes neste caso: o policial, que é responsabilidade do Ministerio de Interior, en mans do PP, non do Concello; o social, que é que a administración local está traballando xunto coa Xunta e a Deputación na elaboración de plans de erradicación do chabolismo, tamén na zona de San Mateo; e terceiro, o urbanístico, indicando que o equipo de goberno solicitou en reiteradas ocasións, sen éxito, á Xunta, que desenvolvese o Plan Especial de Freixeiro, que inclúe esa superficie na que se localizan as chabolas, que están en propiedade privada, non pública. “O primeiro que teñen que facer no PP de Narón é informarse e despois solicitar a colaboración das administracións nas que gobernan, en vez de manter a liña de submisión ao partido que os caracteriza, aínda en detrimento do benestar dos veciños e veciñas de Narón”, apuntou Blanco.

O candidato de Terra Galega explicou que a materialización desde Plan Especial de Freixeiro valorouse no seu día nuns oito millóns de euros para pagar as expropiacións dos terreos e proceder á urbanización da zona, unha cantidade que, tal e como explicou aos veciños, “non se pode asumir tan facilmente con fondos propios e sen a axuda da Xunta, sería imposible”. Blanco subliñou que “calquera proposta nese ámbito pasa por un convenio coa Xunta, polo que se quixeran ter feito algo teríano moi fácil no PP de Narón porque os que gobernan nesa administración desde hai varios anos son os seus compañeiros do Partido Popular, con maiorías que lles permitirían ter feito algo no caso de que existise vontade de traballar por Narón e non de vender fume en tempos electorais”. Por estes motivos, o candidato de TEGA asegurou que a súa proposta é “unha falsedade” e instou ao candidato popular a explicar de onde van sacar os cartos para erradicar o chabolismo, completar o saneamento do rural en catro anos e materializar as 587 propostas do seu “fantasioso programa electoral”, algunhas delas, tal e como recordou Blanco, contradictorias ou mesmo en marcha na localidade desde hai varios anos. O candidato de TEGA á Alcaldía de Narón lamentou que De Santiago e o seu equipo “recurran constantemente á mentira para tratar de prometer imposibles e conseguir uns poucos votos”, aínda que, subliñou Blanco “os veciños e veciñas de Narón saben perfectamente a onde nos levan as políticas do Partido Popular”.

Finalizou Blanco a súa intervención defendendo as liñas políticas de Terra Galega e valorando o traballo feito nas últimas décadas, que posicionou a Narón como oitava cidade de Galicia, superando os 40.000 habitantes. “Os feitos son reais e os froitos do noso traballo están aí que non os inventamos nós”, apuntou o candidato de TEGA, para posteriormente pedir aos asistentes o respaldo ao equipo de Terra Galega nas urnas o 24 de maio.

 

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …

2 comentarios

  1. Sr Alcalde,

    Si todo lo que usted dice es cierto, por qué no dio la cara en el Pleno que se celebró esta semana contestando y aclarando de una vez lo sucedido en el Concello ?
    Si a mi se me acusa de algún posible delito, y yo no tengo nada que esconder, doy la cara y contesto a TODO lo que haga falta, así limpio mi imagen y demuestro que estoy limpio.
    Si usted escurre el bulto y se decide a contestar que «está todo en manos de la Fiscalia», será por algo…..
    Así que no me creo NADA de lo que usted diga.
    Dedíquese a levantar Narón y déjese de criticar a la oposición todo el día, que así no se arregla el país.

    • Usted fue al pleno… PArece que no porque está grabado y contestó una por una las preguntas.
      Ahora lo que no se puede pretender es actuar de fiscal… Que ya dirá lo que tenga que decir… no un partido que denuncia unos hechos al mes de tener conocimiento de los mismos y a un mes de las elecciones, cuando ya estaba el tema en manos del fiscal…