Ferrol en común presenta as propostas en materia deportiva

ferrol en comun-12As propostas de Ferrol en Común en materia deportiva pasan por crear unha ruta peatonal entre os faros do municipio respetuosa co entorno medioambiental e que den a coñecer o patrimonio paisaxístico do litoral ferrolán, con praias que son grandes xoias de enorme potencial e todavía descoñecidas para moitos, de Penencia a Valdoviño, como Ponzos e Campelo.

As nosas propostas deportivas foron desgranadas este martes, día 12, en rolda de prensa por Álvaro Montes e Saínza Ruiz. Pasan por devolver o deporte a rúa, especialmente nos meses de verán, como parte da programación das festas con campionatos deportivosna rúa, ademais de darlle pulo o deporte feminino, que está invisibilizado, e os minoritarios que non se potencian en absoluto, pasando por que a cidade non dispón dun espacio cuberto para os moitos afecionados o skate, por exemplo, nos días de frío  e choiva, que son moitos.

En troques de proxectar grandes complexos deportivos con obras faraónicas como a macropiscina pseudoolímpica que o Goberno do PP de José Manuel Rey Varela propuxo para o barrio do Bertón, coa fórmula da concesión a unha empresa privada , o que cómpre é, con urxencia, é apostar polos deportes de base e fomentar a vida saudable que, a fin de contas, redunda na saúde e na calidade de vida dos veciños, favorecendo a socialización, a inclusión e o dinamismo vital.

En Ferrol en Común coidan que o deporte é prevención e non unha forma de repartir cartos públicos entre entidades deportivas a discrección, senón unha ferramenta mais para facer cidade, empezando polo mantenemento das instalacións deportivas actuais, pavillón e piscina, que arrastran as súas eivas.

Consideran que non é de recibo que unha cidade que carece de parques públicos e que arrastra un enorme déficit en zonas verdes no centro mentres desaproveita as os extrarradio (Menáncaro, Covarrandeiras, o val de Esmelle, Leixa, Serantes e a fraga da Graña, por exemplo), destine un millón de euros a construcción dun ascensor panorámico entre os baixos da Costa de Mella e os xardíns de San Francisco.

Liñas básicas de actuación

Deporte base: Favorecer a posibilidade de que os cidadáns poidan acercarse e participar nas múltiples modalidades deportivas que se ofertan na cidade a través de políticas de promoción do deporte base e iniciación deportiva.

Deporte saúde: Elaborar un plan estratéxico dirixido á promoción e práctica de actividade física deportiva como mellora da saúde e calidade de vida, adecuando e controlando o uso das instalacións deportivas, adecuando a oferta ás necesidades e potenciando a construción e adecuación de espazos para o uso no tempo de ocio.

Deporte rendemento: Establecer accións encamiñadas a facilitar a participación de clubs da cidade en competicións deportivas de alto rendemento deportivo. Plans acordados de xeito individual con cada entidade para adecuarse ás súas necesidades.

Instalacións deportivas:

1. Plan de mantemento: Desenvolvemento dun plan de mantemento e arranxo das instalacións deportivas, como requisito imprescindible para a conservación das mesmas e poder alongar a súa vida útil e adecuando o seu uso aos obxectivos para os que foron deseñadas.

2.  Planificación de novas construcións: Realizar un plan de uso de novos espazos adecuando as posibles inversións ás necesidades reais da sociedade

*Estudar o actual regulamento de funcionamento do Patronato de Deportes, para a súa optimización e aprobación de posibles cambios, debido principalmente, á pouca representatividade do movemento deportivo, a pouca efectividade na aplicación de políticas deportivas e o clientelismo que hai actualmente

 

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

2 comentarios

  1. Álvaro Montes xa non queren nin que saia na foto, jajaja. E xa se ve o multitudinarios que son os actos de Ferrol en Común. 4 concelleiros como moito e a dereita vai sumar 16 concelleiros. Éxito rotundo, jajaja.

  2. O sr montes cada día esta mas perdidiño, ahora les quiere quitar las ayudas a los equipos profesionales como el baloncesto universitario, al ría de Ferrol atletismo, equipos de fútbol sala ……para que vamos a tener otra piscina municipal el que quiera nadar que vaya a la playa o a la malata que estamos como en una lata de sardinas y así sale mas barato, sr montes ferrolencomun sois la marca blanca de iu de Yolanda diaz, jajaja