«Non imos prometer nada que non poidamos cumprir» (Blanco en Castro)

naron-tega-11O local social de Castro acolleu este luns, día 11,un novo acto de campaña de Terra Galega, no que o candidato do partido á Alcaldía, José Manuel Blanco, estivo acompañado por Manuel Ramos e Pablo Mauriz, integrantes da lista de TEGA no municipio naronés. Nas súas intervencións, Ramos e Mauriz fixeron un repaso polas obras executadas nos últimos catro anos na parroquia de Castro, que supuxeron un desembolso superior aos 500.000 euros. Con cargo a diferentes partidas, tal e como explicaron os candidatos, foi posible avanzar nas obras de saneamento neste núcleo do termo municipal e tamén aglomerar algunhas pistas, realizar varias reparacións no local social e adaptar os parques infantís da zona á normativa europea.

Foi o candidato á Alcaldía por Terra Galega, José Manuel Blanco, o encargado de avanzar parte dos proxectos incluídos no programa co que o partido se presenta aos comicios locais do vindeiro día 24. Entre eles será prioritario ao igual que no resto da zona rural, continuar ampliando as redes de saneamento e abastecemento, e no caso de Castro está previsto habilitar un ximnasio no local social da Chousa e tamén outras actuacións encamiñadas a mellorar os servizos que se ofrecen desde o municipio. “Nós non imos prometer nada que non poidamos cumprir e somos conscientes de que os traballos do saneamento no rural non se poden rematar en catro anos só con fondos municipais”, explicou Blanco. En referencia a ese servizo, o candidato de TEGA lamentou a falta de axudas de administracións supramunicipais como a Deputación co concello de Narón, a diferencia doutros de Galicia. “A nós cando pedimos colaboración á Deputación para facer estas obras dicíannos que eran competencia nosa, pero tanto a Xunta como a Deputación, que contan con representantes do PP de Narón, no último caso o propio candidato á Alcaldía, Miguel de Santiago, concederon centos de miles de euros en catro anos para facer este tipo de obras noutros municipios, co voto a favor do candidato popular, que non rechistou a pesares de ver que a Narón non lle daban nin un euro”.

«A pesares dos atrancos que houbo que superar, incluso con denuncias no xulgado de por medio, as xestións realizadas por Terra Galega permitiron que a Deputación lle dese finalmente a Narón, e polo tanto aos seus veciños, o que lles corresponde por lei.» “Grazas ás nosas xestións, e non ao desprezo co que o PP tratou aos veciños de Narón nestes catro anos, poñendo as siglas do partido por riba do benestar dos cidadáns, contaremos con case dous millóns de euros para cofinanciar as obras do saneamento de Sedes, acondicionar a reitoral de Pedroso e instalar a cuncha acústica do Pazo da Cultura”, explicou o candidato de TEGA.

Hoxe ninguén dubida que Narón é un concello de referencia en España”, sinalou Blanco, que recordou aos veciños que nun informe realizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas, o concello de Narón aparece como un dos dez de España que menos sufriron os efectos da crise, tras analizarse 363 localidades de máis de 20.000 habitantes. “Non é froito da casualidade, que Narón estea tan só por debaixo de oito municipios vascos, senón do traballo realizado durante moitos anos e da diversificación industrial do municipio, e a moitos, en vez de alegrarse, parece que lles doe”. O candidato de TEGA subliñou que non van prometer proxectos que non se poidan executar nos vindeiros catro anos. “Non vamos a improvisar 587 medidas anunciadas por algúns que en catro anos non fixeron nada e só deberon estar recollendo ideas, parte delas xa en vigor, para logo vendelas nas eleccións”, sinalou o candidato de Terra Galega á Alcaldía naronesa.

Blanco incidiu ao remate da súa intervención en que “o futuro dos máis de 40.000 veciños que hoxe ten Narón depende de todos”, e animou aos asistentes ao acto a acudir a votar o vindeiro día 24 de maio para frear os históricos índices de abstención e apoiar a continuidade das liñas políticas que situaron ao concello onde se atopa actualmente, grazas ao respaldo que os veciños e veciñas deron incondicionalmente dende hai varios anos ao equipo de Terra Galega. “Narón non se pode permitir dar nin un paso atrás porque está no camiño do crecemento e do desenvolvemento e todos debemos apostar por seguir nesta liña porque o futuro é prometedor”, recalcou.

 

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

2 comentarios

  1. Hay muchos estómagos agradecidos entre el público.

  2. narones indignado

    ¿500.000€ en Castro? No sé que creer: O nos mienten o se han quedado ellos los 500.000€. Con esta banda todo es posible.