O BNG propón a recuperación gratuita das instalacións de Defensa

bng-9-5O Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas de Ferrol desenvoveu na tarde deste sábado, día 9, un acto na praza das vivendas sindicais en San Paulo-Catabois no que participou Iván Rivas, candidato á alcaldía de Ferrol, no que avanzou que a intención do BNG-Asembleas Abertas é a recuperación gratuita para a cidade das instalacións incluidas no convenio con Defensa, como o polígono de tiro de Catabois, e avanzou que modificará o PERI do Sánchez Aguilera para evitar a construcción dun grande contedor comercial que vai perxudicar ao comercio local entre o que citou expresamente a area comercial da estrada de Catabois.

Iván Rivas, afirmou que é preciso e urxente modificar o Plan Especial do Sánchez Aguilera, aprobado polo PSOE e Esquerda Unida e ratificado polo PP neste mandato, co fin de evitar a construcción dun novo centro comercial que afonde na destrucción do pequeno comercio local, neste sentido convidou as forzas políticas estatais a que asuman a necesidade que ten a cidade de modificar a súa postura de apoio a este Plan Especial.

Para o BNG-Asembleas Abertas este Plan Especial vai aprellado a un modelo de crecemento urbanístico que non compartimos mediante a construcción de 460 novas vivenda cando no noso Concello o 20% das vivendas están baleiras e que demostra que o único beneficiario deste plan é o Ministerio de Defensa que patrimonializa estas construccións. O BNG aposta por abrir a parcela do Sanchez Aguilera à cidade reutilizando as instalacións existentes.

Apostan por dotar a cidade de equipamentos creativos para os Artistas locais xa que para o desenvolvimento dunha Arte Actual son imprescindíveis -para as criadoras e os criadores- contar na cidade cuns Espazos de Traballo Adecuados para se enfrontar as suas necesidades expresivas. Polo que propoñen recuperar algunha das instalacións do Sánchez Aguilera para poder ubicar Obradoiros de Arte , e dotar a cidade dun Centro Criacional Multi-Disciplinar.

O BNG- Asembleas Abertas deu conta tamén da súa proposta para a criación dun garnde parque urbano no antigo polígono de tiro de Catabois, unha parcela de 15.980 m2 de superficie, que quere converter nun grande parque urbano que sirva para ordenar mediante a creación dun espazo público a estructura urbana dos tres barrios colindantes Catabois, Santa Mariña e San Paulo, dotar ao mesmo dun parque infantil cuberto e suplir o déficit de aparcadoiros existente na zona tras a urbanización da estrada de Catabois, que levou consigo a perda dun importante número de prazas de estacionamento por iso entro deste proxecto se habilitarían zonas de aparcadoiro públicas que atendenría a reclamación dos veciños e veciñas e comerciantes da zona.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …