A candidata socialista á Alcaldía, Beatriz Sestayo, anunciou o seu compromiso de crear becas e microcréditos para os estudantes con mellor expediente das carreiras universitarias dos campus de Ferrol para que poidan crear a súa propia empresa e desenrolar o seu proxecto.
Estas bolsas de axuda estarán encamiñadas a favorecer a permanencia dos estudantes en Ferrol unha vez finalizan a súa formación, aproveitando a súa excelente preparación e favorecendo a creación de emprego. É ademais unha das medidas coas que se tentará fixar poboación na cidade.
De xeito paralelo, se convocarán concursos dende a administración municipal cos que se premiará ás mellores ideas innovadoras para recuperar Ferrol e crear emprego en distintos ámbitos.
Estas iniciativas forman parte dun proxecto ambicioso que permitirá crear emprego en Ferrol dende os recursos propios da administracións e se canalizarán a través da Axencia Local de Emprego e Industria, que os socialistas presentaron ós medios de comunicación, despois de ter explicado e consensuado con colectivos empresariais, sociais e universitarios. Precisamente, na mañá deste venres, a candidata socialista, xunto cos membros da súa candidatura, mantivo encontros de traballo cos responsables do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais e coa Escola Universitaria de Ciencias do Traballo.
O primeiro obxectivo ó que se dará resposta coa Axencia será o de “converter a Ferrol na cidade con máis facilidades de toda Galicia para crear pequenas e medianas empresas, e para crear emprego”, explicou Beatriz Sestayo, sempre dende a perspectiva de “emprego digno” e de dar facilidades dende o goberno local “á xente que ten a valentía de crear traballo e poñer ideas ó servizo dunha cidade”.
“Haberá un goberno municipal que facilite a creación de empresas”, engadiu. Isto se fará mediante una Axencia Local de Emprego e Industria que estará ó servizo da cidadanía para integrar todos os recursos de emprego para crear traballo e para xerar facilidades a todos os que precisen axuda dende o autoemprego ou de pequenas e medianas empresas xa creadas que precisan medrar.
O número dous da lista electoral, o empresario Felipe Sas, quixo deixar claro que non se trata dunha axencia de colocación, senón dun organismo aberto a todos os cidadáns, dende un Concello “de portas abertas”, que será “proactivo”cara á creación de emprego.
Nunha cidade que co goberno do PP alcanzou o 30% de paro e que Rey Varela afundiu na pobreza e na emigración, é preciso desenvolver proxectos que permitan a creación de emprego dende a administración pública.
Así, en primeiro lugar, a Axencia investigará cales son as necesidades reais do mercado para así achegalas ós cidadáns e favorecer a creación de emprego.
En segundo lugar, despois de falar con entidades e asociacións, chegouse á conclusión de que é preciso establecer un asesoramento a todos aqueles que queiran iniciar a súa actividade empresarial. “Hai quen ten un produto ou unha idea pero non sabe como empezar xuridicamente, se teñen que facer unha comunidade de bens, unha sociedade limitada ou anónima, unha cooperativa”, sinalou Felipe Sas, polo que se facilitará toda esta xestión e información dende a Axencia.
En terceiro lugar, se fará un estudio de viabilidade para determinar as posibilidades reais do proxecto.
En cuarto lugar, a Axencia estará “ó servizo do cidadánpara buscar financiación tanto pública como privada, de toda administración, Madrid, Santiago ou Bruxelas, e tanto de entidades financieiras, como inversores privados, sociedades de capital risco ou sistemas de mecenazgo”.
En quinto lugar, se prestará axuda institucional para crear unha “rede de traballo”¸ de tal xeito que se poida colocar o produto en distintos mercados, mediante a xestión da Axencia. Felipe Sas puxo como exemplo a situación dun produtor de pementos que non vende máis que a un mercado pero ó que a Axencia xestionaría que puidera vender en grandes superficies, outros establecementos e redes comerciais.
Por último, se fará unha verdadeira promoción da “marca Ferrol”, cun “programa de Social Media”, que permita por en valor todos os produtos e servizos que se fan en Ferrol.
Facilitar os trámites, dar asesoramento, poñer en contacto produtores e vendedores, buscar financiación, estudar o mercado e as súas necesidades e promocionar a marca Ferrol serán polo tanto algunhas das liñas esenciais desde programa ambicioso pero realista co que o Partido Socialista sabe que a administración local poderá impulsar a creación de emprego.
“A nosa é unha campaña pegada á xente, porque queremos un goberno municipal ao servizo da xente, non poñendo obstáculos”, concluíu a candidata socialista Beatriz Sestayo.