A partir do vindeiro 24 de maio, o BNG-Asembleas Abertas pretende facer do concello de Narón unha ferramenta a favor do benestar dos veciños e veciñas. Para BNG-Asembleas Abertas as persoas son a prioridade de todas as súas políticas e propostas, de aí que pretendan “converter os concellos en verdadeiras ferramentas de dinamización económica e social, facendo que o local sexa o primeiro chanzo para lograr construír un país que saia da crise”, sinalou Vence. Foi na tarde deste mércores, día 6, na presentación da candidatura BNG-Asembleas Abertas en Narón, encabezada por Pablo Villamar, no local social da Gándara.
Para lograr esta dinamización do concello, entre as actuacións prioritarias de BNG-Asembleas Abertas están a aposta por un urbanismo sustentable, a valorización do patrimonio ou a revitalización do comercio de proximidade. “Queremos un concello para os veciños e veciñas, onde as persoas sexan as protagonistas e onde os cidadáns poidan gozar máis e mellor de Narón”, explicou o portavoz nacional. Engadiu que é importante conseguir que as persoas poidan facer máis vida nas rúas, logrando así darlle máis vida ás propias rúas e revitalizando, ao mesmo tempo, o comercio e o ocio.
Patrimonio e investimentos
Cremos que e imposible entender Narón ou calquera outro lugar sen amar o noso patrimonio”, subliñou o voceiro nacional. E por iso, dende BNG-Asembleas Abertas traballarán para darlle un maior impulso á valorización do patrimonio municipal, tanto o material -con rehabilitacións e melloras de edificios e lugares emblemáticos- coma o inmaterial -con proxectos para dinamizar a lingua e o legado histórico-.
Os membros da candidatura de BNG-Asembleas Abertas tamén destacaron este mércores que van loitar por lograr investimentos importantes para Narón que corresponden a outras administracións, “presionaremos e insistiremos para que se cumpran as promesas feitas aos veciños e veciñas”. Entre outros proxectos pendentes, salientaron o centro de saúde, o centro de ensino primario e secundario ou a xestión das escolas infantís.
Entre outras iniciativas prioritarias, dende BNG-Asembleas Abertas Narón destacaron a elaboración dun censo de locais comerciais dispoñibles para axilizar o asentamento de empresas, a aplicación de bonificación en impostos e taxas para os que queiran instalarse no concello, a posta en marcha dun plan de mobilidade que contemple a peonalización de rúas nas zonas máis urbanizadas ou a posta en marcha de orzamentos participativos.
Villamar: “O importante son as persoas”
Pola súa banda, o candidato do BNG-Asembleas Abertas de Narón, Pablo Villamar, subliñou que para o grupo de persoas que representa “o importante, como o foi ao longo deste mandato, son as persoas”. Nesa liña, insistiu en que será prioritaria a atención a aquelas familias en risco de exclusión social e destacou que nestes catro anos, “malia a crueldade da crise, fomos quen desde o goberno local de protexer os máis desfavorecidos”.
Villamar defendeu a acción de goberno do BNG, en concreto no referido ás medidas de persecución da fraude fiscal e a actualización dos padróns, que permitiu “levar adiante unha política recadatoria máis xusta e equilibrada”. O candidato nacionalista quixo facer especial fincapé no saneamento das contas do Concello e na redución do endebedamento, dous logros que permitirán ao vindeiro goberno local manter e mesmo incrementar os servizos sociais e crear as condicións máis axeitadas para favorecer o asentamento de empresas con medidas de bonificación nas taxas e impostos municipais.
Se tardan un pouco máis en presentar a candidatura, pasanlles as eleccións por riba. Total, para que levarán vintepico, se con sorte entrará Villamar para acomodarse catro aniños máis na poltrona… E moita xente nova, polo que vexo! Ja, ja, ja.
«van loitar por lograr investimentos importantes para Narón que corresponden a outras administracións»…. ¿E os que lle correspondía o concello estes catro anos? ¿Nada? Tomannos por tontos!
Parece me que OS que estiveron axudando años maíz desfavorecidos no Concello foi a señora Rosa .G.Beceiro desde o seu departamento.
Faga o favor de non meter tropas.
¿Qué asambleas abiertas son esas? ¿Las de la Marea Ártabra? ¿Ferrol en común? Cuando se trata de poltronas, el Bloque es especialista en dividirse.
Juanito, as asembleas abertas son o que o seu propio nome indica. Puideches asistir e comprobalo ti mesmo. Logo coido que tes un problema serio de comprensión; Narón é Narón e Ferrol é Ferrol, non sei se o entendes. Os naroneses e as naronesas votarán polos partidos que se presentan en Narón, e os ferroláns e as ferrolás polos que se presentan en Ferrol. Marea Ártabra e Ferrol en Común son partidos que se presentan en Ferrol. O BNG de Narón preséntase en Narón. Non sei se o entendes agora.