O alumnado da Escola de Teatro de Narón porá en escena a obra “Ismael e a balea branca”

ismaelO alumnado de 2º curso da Escola de Teatro de Narón porán en escena o vindeiro xoves 9 de abril a obra de teatro “Ismael e a Balea Branca”. A representación comezará ás 21:00 horas, e as entradas poden adquirirse nas billeteiras do Pazo da Cultura ó prezo de 2€. Esta obra ten unha duración de 1 hora e 10 minutos, e está dirixida a maiores de 14 anos.

A representación dunha obra teatral é un requisito imprescindible para que os alumnos/as de 2º curso completen o seu currículo escolar. Este ano o alumnado escolleu o clásico universal “Moby Dick” para inspirar un espectáculo de marcado carácter visual.

«Ismael e a balea branca»

Na versión de “Ismael e a balea branca” se fai unha profunda alegoría sobre o eterno conflito de forzas entre a natureza e a razón humana, discutindo en profundidade sobre as contradicións existenciais.

Nun determinado momento da súa vida, Ismael toma a determinación de se embarcar tres anos nun buque baleeiro comandado polo terrible capitán Acab, que tempo atrás perdera a súa perna entre os dentes dun enorme cachalote branco.

Aínda que a empresa dos armadores sexa a de cazar baleas para se enriquecer cos produtos desa actividade, a única caza que lle interesará ó capitán Acab é a de Moby Dick, obsesionado coa idea de vingarse da balea branca que lle devorou a perna, aínda que esa obsesión lle custe a súa vida e a da súa tripulación.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …