El candidato a la alcaldía de Narón por el BNG, Pablo Villamar, mediante un comunicado «lamenta que o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Narón, Miguel de Santiago, “siga contando medias verdades” no que respecta ao nivel de investimento do Concello de Narón ao longo do presente mandato e que non deixe de “pór pedras no camiño, nin tan sequera agora, cando a economía do Concello está a sanearse e estabilizarse».
Villamar volveu referir «a realidade dos números en contraposición ás “argucias” do voceiro “popular”, facendo fincapé en que o investimento con recursos propios do Concello de Narón non é que sexa menor que hai cinco anos, cando estaba no goberno local o PP, senón que é superior. “Os números que mostra o señor Miguel de Santiago están retorcidos adrede até conseguir que digan o que quere que digan», sinalou Villamar, quen criticou que « nese cálculo de investimento por habitante o Partido Popular non diga “que o esforzo do Concello é hoxe maior que hai cinco anos”. E iso por varios motivos. En primeiro termo, porque dos 4,3 millóns en investimentos que se aprobaron en 2010, máis da metade -2,5 millóns- procedían dos Fondos Feder, “dos que o Goberno central do PP nos excluíu agora”. O segundo, porque a achega da Deputación caeu á metade desde entón, “unha mostra máis”, sinala Villamar, da “política clientelar coa que actúa esta institución”. E o terceiro, porque “non pedimos, como en 2010, un préstamo de perto de 2 millóns de euros para facer investimentos».
De feito, engade o voceiro do BNG, «aínda hoxe estamos a pagar aquel préstamo». Villamar expresou o seu malestar polo «descoñecemento profundo» de Miguel de Santiago no eido económico e pola «mala fe» coa que o quere compensar.
O concelleiro do BNG volve remitir á realidade que revela o informe de Intervención a respecto da liquidación do orzamento de 2014 para desmentir a De Santiago. “Incrementamos os ingresos e reducimos os gastos aplicando unha política fiscal máis xusta, perseguindo a fraude, actualizando os padróns e controlando, entre outros aspectos, o consumo eléctrico”, explica. Ademais, temos un remanente de tesourería de 3,6 millóns e a media de pagamento a proveedores e subministradores está en 22 días, oito menos ca o que marca a lexislación. Villamar lembrou tamén que desde 2011 até 2015 a débeda bancaria descendeu 4 millóns, até situar o endebedamento por debaixo do 35%, menos da metade do que permite a lei (75%
¡¡Jajaja!! Sí… fue Miguel Santiago el que nos subió los impuestos todos los años jajaja ¿Pero como se puede tener tanta cara? Me preguntaba yo cuál iba a ser la estrategia del BNG para la campaña…. porque para decir lo mismo que TEGA… Pues ya salimos de dudas. La estrategia será atacar a los de la oposición.
No los sube pero alguna ocasión sí dejó de pagarlos, al menos uno que todos sepamos….
Que el.señor del pp contaba verdades a medias ya era algo que se sabia de tiempo atras que te puedes esperar viniendo del pp
Miguel de Santiago: outros catro anos na oposición. Ánimo!