O BNG chama cínico a Rey Varela polo tema da taxa do saneamento

Foto BNG
Foto BNG

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera «que as declaracións do alcalde de Ferrol apelando a solidariedade para xustificar a taxa de saneamento son unha mostra evidente do cinísmo co que actua Rey Varela e o seu goberno xa que se por algo se caracteriza o convenio do que deriva a taxa de saneamento é precisamente pola insolidariedade do Estado para cos veciños e veciñas de Ferrol aos que os partidos estatais teñen obrigado a asumir os costes de construcción e xestión desta infraestrutura declarada de ineteres xeral desde 1997 e para a que a administración non só pon un só euro senon que recibe 700.000 euros pola xestión das obras e sen que esto supoña asumir ningunha responsabilidade dos fondos europeos que supoñen o 80% do financimaneto nin permitir que o concello adecue o trazado desta rede as necesidades específicas da cidade».

O portavoz nacionalista, asegurou que «a xestión que se está a facer sobre a rede de saneamento é un auténtico dislate» e acusa ao alcalde de enganar aos veciños e veciñas xa que «como se lembrará à Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza, en resposta parlamentar ao BNG en febreiro de 2014, recoñecia que a aportación económica que ten que facer o concello de Ferrol para sufragar esta infraestutura depende do propio Concello repercutila aos cidadáns no custo do servizo ou facelo a través da vía orzamentaria”.

O BNG lembra que da mesma maneira en que o concello de Naron aprobou unha modificación das tarifas, «cuestión que até o de agora non hai noticia da súa aplicación no concello de Ferrol, este é un exemplo da posibilidade de mudar as condicións dese convenio e que por tanto desde o BNG instamos e asumimos que o proximo goberno municipal asuma o compromiso de derogar ou suspender o actual convenio para poder acadar un saneamento económica e medioambientalmente sostíbel«.

Lembra que «somos os veciños e veciñas de Ferrol os que asumimos os derivados do convenio asinado co Ministerio de Fomento a través da empresa ACUAES para o financiamento das obras do saneamento do marxe dereito da ría de Ferrol, que nos vai hipotecar aos veciños e veciñas de Ferrol durante máis de 45 anos, mediante tarifas fixas para a execución da obra e tarifas variables para o seu mantemento que van chegar a triplicar o custe das tarifas actuais«.

Lea también

Eventos para el lunes, día 23 de marzo, en la zona norte

LA FRASE DEL DÍA.–«Si no puedo hacer grandes cosas, puedo hacer pequeñas cosas de una …

2 comentarios

  1. Se descalifica usted totalmente,con la verborrea que emplea,descalificando e insultando (en este caso al alcalde)…pero en cualquier otro momento a otro oponente político!!!.!!!Penoso!!!!

  2. Señor Iban Rivas , no trate de engañar a nadie. Y menos todavía , tratar de cínico al alcalde.
    Aquí , los únicos que no han dado un palo al agua , han sido ustedes. Gobernaron con el PSOE y EU. Y en esta ciudad , no se ha visto ninguna mejora.
    Desde este espacio , le diré , que la Depuradora ya está en marcha y funcionando. Que las aguas de la ría , ya dan unos análisis positivos y que van a mejorar. Que el saneamiento era necesario y vital para revitalizar la ría de flora y fauna. Qué el recibo del mes , son 5 euros ( por lo tanto 30 euros al semestre ).
    Por lo tanto , no mienta , y menos catalogar a la gente de cinismo.!!