Presentación do libro «Contra a morte das línguas» do naronés Miguel Moreira

miguel moreiraContinuando coa programación de « Queremos Narón», desta vez é un rapaz naronés, Miguel Moreira, quen protagoniza a actividade fixada polos nacionalistas para este venres día 30.

A iniciativa da posta en valor do patrimonio da localidade, tanto material como humano, achega este venres á localidade a presentación dun libro « Contra a morte das línguas»,  da autoría de Miguel Moreira Barbeito, un rapaz naronés.

Será da man do propio autor que coñeceremos a obra publicada pola editorial Xerais, quen estará acompañado polo candidato do Bloque á Alcaldía de Narón, Pablo Villamar.

O acto comezará ás 19.30 h. e o escenario, a libraría DAY, no barrio da Gándara (na contorna do pavillón polideportivo).

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará en Narón este martes

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este martes …