Deixemos que falen as pedras

faf-SO Foro de Amigos de Ferrol fai un percorrido polas sinais, as inscricións e os debuxos que aparecen gravados nas pedras das rúas de Ferrol

A pedra de gra ou granito forma parte da paisaxe galega e os canteiros, pedreiros e traballadores da pedra sempre souberon sacar deste elemento natural, símbolo da intemporalidade e a inmutabilidade, as súas mellores facetas. A pedra é un símbolo que traballado ou moldeado polo home, si sabemos ler nela, amosa a historia dun pobo.

Na rampla do Parque Municipal que sube pola dereita cara ao edificio principal están colocadas unha serie de lousas de granito que levan gravados variados debuxos xeométricos, feitos en época recente, froito do traballo dunha escola de canteiros que estivo no Parque pola década dos anos 1960, mesmo co obxecto de facer máis seguro o agarre dos peóns.

burgoa-25-1

De maior antigüidade semellan as inscricións que aparecen gravadas nas lousas das beirarrúas situadas a carón da capela da Orden Terceira e do templo franciscano. Podería tratarse das marcas dos canteiros e pedreiros que traballaron nas rúas de Ferrol durante o século XVIII, aínda que alguén quere remontalas ás datas de construción do desaparecido convento de orixe medieval.

burgoa-25-2

Moito máis antigos semellan os esquemáticos debuxos que se mostran nun conxunto de lousas hoxe burgoa-25-3colocadas noutra rampla, neste caso no interior do Arquivo Militar do Noroeste da avenida do Rei. Hai diversas opinións sobre a súa orixe, apuntando algún que se pode tratar de lápidas funerarias representando dalgún xeito simbólico as persoas que foron soterradas, mesmo procedendo do adro da algunha vella igrexa

Finalmente, citar unha lápida funeraria, partida pola metade, que foi colocada (non fai demasiado tempo) ao comezo da Avenida de Esteiro, nun paseo dos pequenos xardíns da parte alta e traseira da igrexa das Angustias. Algunha persoa de idade díxonos que podería ser a lápida da tumba do escritor e historiador ferrolán Domingo Díaz de Robles, procedente do vello cemiterio de Canido. Trátese de quen se trate, é unha falta de consideración a unha persoa falecida colocar a súa lápida na rúa.

burgoa-25-4

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …