Obradoiros do proxecto de dinamización Casa Aberta en Narón

As actividades dos obradoiros Casa Aberta continúan desenvolvéndose na cidade de Narón. A concellería de Mocidade, dirixida polo edil Pablo Mauriz, impulsa esta iniciativa, pensada para menores de 12 a 16 anos e que se leva a cabo este mes de decembro na casa da Mocidade, na Gándara.
 
O concelleiro naronés recordou que para participar nas actividades é preciso anotarse, de balde, nas citadas instalacións municipais o venres ou o sábado en horario de 17.30 a 20.30 ou tamén a través dunha mensaxe directa en Instagram ou Facebook (@casaabertanaron).
 
Este venres 23 de decembro haberá un obradoiro sobre Cinefórum ó que poderán asistir dez persoas e o 26 de decembro outro sobre Reciclaxe textil tamén para unha decena de participantes. Os seguintes programáronse para o día 27, sobre Xornadas de xogo de rol, 20 persoas; 28, Danza urbana e beatbox, 15 persoas,  e 29, de Escape Room, 10 participantes.
 
Obradoiros de Educación na Igualdade, de Educación na diversidade, de Educación no uso das novas tecnoloxías, de Educación medioambiental e reciclaxe, un Espazo de xogo comunitario con futbolín, tenis de mesa, dardos, xogos de mesa e videoxogos forman parte das propostas de Casa Aberta.
 
Quixemos ofrecer unha serie de propostas de ocio diferentes a un colectivo dunha idade moi concreta, co obxectivo de apostar pola socialización en torno ó xogo” asegurou Mauriz.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …