Narón-O modelo de xestión cultural de Narón presentouse no Festival Internacional de Teatro de Manizales

O director técnico do Padroado da Cultura de Narón, Luciano Fernández, desprazouse esta semana a Colombia para participar na 53 edición do Festival Internacional de Teatro de Manizales, que comezou o pasado día 26 de setembro.

Fernández estivo na Universidade de Caldas, na cidade de Manizales, donde onte impartiu unha conferencia á que acudiron técnicos culturais, directores de teatros e de festivais de artes escénicas de Colombia, Portugal, Chile, Ecuador e Uruguay.

Fernández abordou durante a sesión o modelo de xestión cultural de Narón, que presentou ós asistentes á ponencia, incidindo en que se trata dun modelo de xestión participativa e democrática.

No festival presentáronse catro experiencias, coa de Narón, correspondéndose as tres restantes coas desenvolvidas na República Dominicana, en Uruguay e no País Vasco.

Este evento está considerado como un dos encontros máis esperados para os amantes do mundo do teatro, donde se presentan varias obras e tamén as experiencias na área cultural en diferentes países. A programación do evento inclúe ademais a representación de obras de teatro presenciais, virtuais en vivo, nas rúas e outras abertas con carácter permanente, coa presenza de oito países.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …