Narón- Nestor Rego e edis do BNG reúnense con traballadores de Correos

O BNG de Narón e representantes sindicais do servizo de correos da CGT mantiveron unha xuntanza co deputado da formación nacionalista no Congreso, Nestor Rego, para informalo sobre as carencias e os problemas  que existen en relación ao servizo postal  da cidade. A organización nacionalista rexistrou varias preguntas no Congreso e adianta que presentará iniciativas na cámara estatal reclamando ao Goberno do Estado a manter o persoal necesario para cumprir coas obrigas do servizo postal universal e mesmo aumentar as carteiras nun concello que medra en habitantes.

Nas instalacións de Correos de Narón traballan 23 persoas nas tarefas de distribución e 7 en atención ao cliente. Anteriormente, o servizo de reparto contaba con dúas persoas máis que se xubilaron e os seus postos de traballo non foron repostos. A estas dúas ausencias deben sumarse outras de carácter temporal e puntual como as baixas, os permisos por maternidade ou paternidade e mesmo os días de vacacións do persoal. Esta situación provoca que a unidade postal da cidade se atope preto do colapso, supoña unha sobrecarga para o resto do persoal e sexa practicamente imposíbel cumprir os prazos de entrega da correspondencia.

Narón é un concello que, na última década, posúe un saldo positivo en crecemento de habitantes e precisa mellorar servizos tan necesarios como é o de Correos” apunta o deputado nacionalista no Congreso. As zonas que quedan máis habitualmente sen cobertura ante o colapso da oficina  son as zonas de “Santa Rita de Xubia, O Ponto, Freixeiro, Piñeiros e a parte da Gándara” situadas na zona urbana.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …