Narón-Apertura do prazo de inscrición nun curso de “Métodos de conservación” que se celebrará no Val

O concelleiro de Promoción Económica do concello de Narón, David Pita e Francisco Javier Castro, integrante da AVV “Os Irmandiños” do Val,
anunciaron a próxima celebración, os días 5 e 6 de decembro, dun novo curso sobre “Métodos de conservación”. A convocatoria terá lugar nas instalacións do Centro Cívico Social do Val entre as 10.00 e as 14.00 horas. As prazas, tal e como indicou Pita, son limitadas, atendendo ás novas indicacións sanitarias sobre aforo para este tipo de eventos, e cubriranse por orde de inscrición. As persoas interesadas en acudir poden anotarse, de balde e ata o vindeiro día 3 de decembro a través do correo electrónico:
promocioneconomica@naron.es .

O edil naronés recordou que hai unhas semanas se realizou un curso similar e debido á excelente acollida que tivo, quedando moitas persoas inscritas sen poder realizado debido ás limitacións do aforo, optouse por organizar esta nova convocatoria, centrando a temática no peixe. “Queremos ofrecer á xente a posibilidade de aprender a facer conservas de pescado e outras elaboracións en salazón, afumados… porque é un xeito de dar unha saída a estes produtos e tamén de mantelos no tempo en condicións óptimas”, explicou.

Pola súa banda, o representante da AVV “Os Irmandiños” do Val explicou que a convocatoria destas iniciativas ten entre os seus obxectivos “promocionar os produtos da pesca para darlles un valor engadido e recoñecer o bo produto que temos nesta zona”. Os diferentes métodos de conservación de peixes e mariscos, as conservas en vinagre/cebiche, salgadura, escabechado, ao baleiro, afumado e desecado serán os temas sobre os que se profundizará neste obradoiro, no que os participantes elaborarán escabeche, conservas en vinagre/cebiche e ao natural, tal e como se avanza no programa.

 

“Non vai haber problema en repetir o curso para dar ese valor engadido a este tipo de produtos alimenticios no caso de que continúe a demanda para asistir e anunciou que o Concello continuará impulsando nos vindeiros meses novas iniciativas co Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte”, recalcou Pita.

O concelleiro animou á veciñanza a acudir e recordou que esta convocatoria está patrocinada polo Grupo de Acción Pesqueira Golfo Ártabro Norte, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca, colaborando tamén a Confraría de Mariscadores de Barallobre, a Asociación Agroforestal Terra Rendible e a AVV Os Irmandiños, do Val.

Lea también

El naronés Marcos López Balado se proclamó doble subcampeón de Europa ISKA

El deportista naronés Marcos López Balado, miembro del Club Kickboxing Chuchy del gimnasio BenyGym, acaba …