Proxección de “O espírito do bosque” este luns na praza da Casa da Cultura de Valdoviño

O espírito do bosque – Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño invita a veciños e visitantes á proxección do filme de animación galego “O espírito do bosque” este luns, 7 de agosto. O pase dará comezo ás 22 horas na praza da Casa da Cultura, ou no auditorio en caso de choiva. Está dirixido a todos os públicos e inclúese no ciclo de cine de verán programado polo Concello en colaboración coa Deputación a través da Rede Cultural.

Dirixida por David Rubín e Juan Carlos Pena, a película narra as aventuras de Furi, Cebolo, Linda e o rato Piorno e a súa loita para evitar que o bosque sexa destruído. Namentras outros animais foxen, eles fan fronte aos plans dun poderoso empresario para construír unha estrada e da malvada Señora Dabondo para acabar co seu fogar.

Así mesmo, o cartel do ciclo concluirá o luns 21 coa proxección do filme “Somos xente honrada”.

Lea también

José Polo Taibo expone en la oficina de turismo de la Plaza de España de Ferrol

La exposición se puede visitar en horario de mañana y de tarde hasta el 21 …