A Festa do Ourizo de Chanteiro-Ares modificase por unha Mexillonada popular debido o mal estado do mar

charanga Santa Compaña-archivo
Maila que se anunciara para mañá xoves a XXXII Festa do Ourizo, Centro cultural outeiro vén de comunicar, esta mesma mañá, que debido ao mal estado do mar e ao forte vento sobre a costa, suspéndese a degustación do ourizo e celebrarase, na mesma data e hora, unha Mexillonada Popular.
 
A degustación formaba parte da  XXXII Festa do Ourizo, programada para este xoves día 17. Unha exaltación popular de un dos grandes manxares da ría; Con máis de trinta anos de tradición, a degustación do ourizo tiña programado arrancar ás 19:00 horas e estaría amenizada pola actuación da charanga Santa Compaña.
 
Ás 18:30 horas, tíñase programada a presencia do cociñeiro Miguel Ángel Campos, do restaurante A Gabeira e membro do Grupo Nove, que faría un showcooking con preparacións en directo do ourizo.
2025-Festa do Ourizo ares chanteiro

Toda esta programación formaba parte do proxecto do Concello de Ares O ourizo de mar, un tesouro posto en valor onde o Atlántico goza’, e incluíu a maiores varias charlas divulgativas impartidas por representantes das Confrarías de Pescadores de Ares e Barallobre ó estudantado do CPI As Mirandas, para que diferentes axentes da comunidade local puideran coñecer as particularidades e riqueza deste produto de mar.

A iniciativa conta co apoio económico da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o GALP Golfo Ártabro Norte e fondos da Unión Europea.

Lea también

El Concello de Ferrol aprueba las bases de fomento de la cultura de 2025

Este lunes la junta de gobierno local ha dado el visto bueno a la aprobación …