As persoas interesadas en realizar accións formativas do Programa municipal de formación 2017, dispoñen aínda de prazas libres para anotarse en seis das especialidades ofertadas. Así o recordou a concelleira de Mocidade e Formación, Natalia Hermida, ao explicar que todavía existen vacantes nos cursos de “Prevención de riscos laborais. PRL nivel básico”(60h) – que comezará o 31 de outubro-; de “Medio Ambiente sector Naval”(16h) – a primeira edición comezará o 11 de outubro e a segunda o 17 de novembro-; de “Traballos en altura e verticais”(40h) – a primeira edición a partir do 19 de outubro e a segunda edición o 24 de novembro-; de “Mellora da empregabilidade”(50h) – que se iniciará o 21 de novembro-; de “Autoemprego”(100h) – que comezará o 23 de outubro e, por último, de “Soldadura semiautomática MAG, procesos GMAW e FCAW, (curso de especialización, que require experiencia previa) inclúe 100 horas de prácticas en empresas ”(250h) – desde o día 11 de setembro. As datas dos cursos son previstas -.
Hermida, recalcou que aquelas persoas interesadas en anotarse nestas seis accións formativas dispoñibles deben facelo no Rexistro Xeral do Concello ata o día 9 de agosto en horario de 8:30 a 13.00 horas. Os destinatarios son desempregados/as empadroados/as en Narón, maiores de 18 anos. Para máis información contactar no teléfono 981.337700- Ext.1123