O grupo municipal do PSOE insta ao goberno local a cumprir en materia de accesibilidade

discapacitados-17-aO Grupo Municipal Socialista ven a instar ao goberno local a cumprir os compromisos plenarios acordados por unanimidade no pleno de agosto do ano pasado en materia de accesibilidade, a instancias dunha moción do Grupo Municipal Socialista.

Destacamos que esta semana se cumpriu o 23 aniversario do Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade Física (CAMF), centro de referencia que presta a atención necesaria ás persoas con Discapacidade Física, que atopan serias dificultades para acadar a súa integración laboral ou de ser atendidas no seu entorno familiar. Dentro das prioridades para as persoas do centro é a falta de accesibilidade na estrada de Catabois no tramo comprendido entre a rotonda e o hospital Novoa Santos, cuestión reflectida na moción socialista e que aínda que a prioridade era máxima á hora de aprobala moción esta actuación atópase sen desenvolver.

Así mesmo, outro dos compromisos plenarios asumidos polo Goberno Local era a convocatoria do Consello das Persoas con Diversidade Funcional co obxectivo de establecer as prioridades en materia de supresión de barreiras e promoción da accesibilidade, e que fixase como obxectivos, ademais do anterior, a elaboración dun Plan de Accesibilidade do Concello de Ferrol, que propiciase a eliminación de barreiras arquitectónicas e que contemple a colocación de beirarrúas modulares a nivel para facilitar a accesibilidade no transporte público nos lugares que se estime necesario, como son, entre outros, as paradas de urxencias do Hospital Xeral; así como a redacción e aprobación dunha ordenanza de accesibilidade do Concello de Ferrol, adaptada á normativa actual. “Moitas tarefas pendentes e falta de vontade do goberno para levalas a cabo” resumen os socialistas.

Outra das actuacións pendentes é a apertura do proceso de elección do valedor/a das persoas con diversidade funcional conforme dispón o Regulamento.

Tamén pedíase o incremento da partida destinada a bonotaxis para facilitar a mobilidade das persoas con diversidade funcional, e a posta en marcha do proxecto, xa previsto no goberno socialista, de colocar ascensor na piscina de Caranza e dotala, xunto coa da Malata de vestiarios e duchas accesibles para todas as persoas. Por todo iso, urximos ao goberno local a poñer en marcha estas actuacións, instándoo a cumprir o compromiso plenario acadado por unanimidade.

Lea también

El centro cívico de Caranza contará con una nueva envolvente

El centro cívico de Caranza entrará en obras en las próximas semanas, tras la adjudicación …