Eventos do sábado, día 17 de maio

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Día Internacional de Internet

Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia.

Día Internacional do Reciclaxe.

Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información.

Día Mundial contra a Hipertensión.

San Pascual Bailón

Tal Día coma hoxe:

(1810)-Nace en Ferrol Patricio Montojo y Albizú. Vicealmirante da Armada .

(1833)-Nace Manuel Murguía en Arteixo. Historiador, marido de Rosalía de Castro e primeiro presidente da Real Academia Galega (m. 1923).

(1863)-Edítase en Vigo a primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

(1963)-A Real Academia Galega institúe o Día das Letras Galegas

CAMPAÑA ELECTORAL

PARTIDO POPULAR

Ferrol

12.30 horas, na zona de Ultramar, reparto de propaganda electoral.Participarán
Miguel Tellado Filgueira, José Manuel Vilariño Anca, Natalia Barros, Rosa Martínez Beceiro, Borja Carro Muñoz e Martina Aneiros.

 PSdG-PSOE

Ferrol

Reparto de propaganda electoral en Caranza, Sa Xoan e Ultramar.

Narón

Reparto de propaganda, porta a porta en Freixeiro.

Valdoviño

As 12, na Casa da Cultura encontró coa xuventude. Participan Alberto García e Aitor Bouzo.

Cabanas

As 17.00 horas,no pavillón de lavandeira, mitín con Delfín Feal e Pilar Cancelo.

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN EUROPA

Ferrol
As 20.00 horas nos xardíns de Herrera, acto público de denuncia do malgasto dos fondos europeos nun momento de emerxencia social, coa participación de Suso Basterrechea e outros activistas de AGEe

BNG

Pontedeume

As 20.00 horas, desenvolveráse un acto público no exterior da Casa da Cultura, coa participación de: Antonio Salvadores (portavoz municipal), Celina Jossenge (portavoz emigrantes retornados) e Ana Pontón (deputada do BNG no Parlamento Galego).

 EVENTOS

6.00 h. Participación de Gómez Noya en Yokohama.

10.00 h. DEPORTES FERROL-Pavillón de Caranza, Minibasket (premini)-CD Recimil –Tirso.

10.30 h. DEPORTES FERROL. XIV Milla Escolar La Salle (Caranza)

12.00 h. No local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega, de O Seixo, Mugardos, recital de poesía co gallo do Día das Letras Galegas.

12.00 h. Na praza de Armas, actos organizados por “Queremos galego”

12.00 h. Inicio dos actos no barrio de Ultramar da “II recreación do sitio francés a Ferrol ,en 1809” .Toma de contacto dos soldados polo barrio.

12.00 h. DEPORTES FERROL-Pavillón de Esteiro, Baloncesto infantil-CB Ferrol-Salgado Montrove.

13.00 h. FESTAS DE SAN ISIDRO, EN CEDEIRA-Misa solemne na capela de San Isidro, Sesión vermú a cargo do grupo “Alcázar”. Tradicionais merendas pola Praia da Magdalena.

14.00 h. No Cantón Vello (Taxonera,1) sesión vermú . Actuación musical de “Os amigos dos músicos” e “Burgas Beat”.

16.30 h. Na escola de Lavandeira, en Cabanas a Asociación de Mulleres Cabanas Rural organiza un taller de fiandeiras

17.00 h. No Liceo Recreativo de As Pontes celebración do Día das Letras Galegas coa actuación dun grupo musical e recitado de textos en galego por parte de alumnos dos colexios.17.00 h. En Ultramar, Escola infantil do soldado , na praza de Ultramar e asalto ao campamento e duelo entre soldados.

17.30 h. No local social da Asociación de Veciños de Pazos (Serantes), acto central do Día das Letras galegas das asociación do rural de Ferrol. Participan un grupo de nenos, que farán una semblanza de Xosé maría Díaz castr, o grupo de teatro “Maxolo” e a rondalla de Mulleres de Santa Uxía de Mandíá.

18.00 h. A asociación de veciños de San Xoán-Bertón, celebra o Dia das letras Galegas. Falará Paloma Rodríguez Váz, diputada do PSOE. Despois actuará a coral “Ecos de Chamorro”, ao finalizar se serviran uns pinchos e rematarase cun baile coa actuación da cantante Judith.

18.00 h. Na praza de Amboage, II edición , gran final, de “Canta Ferrol”. 23 xóvenes medirán as súas voces, nun evento que contará coas actuacións de Jaume Más, finalista do concurso de televisión “La Voz”; Jorge González. Ex concursante de “Operación Triunfo” e “La Voz”; e o dúo musical K-Narias formado polas irmáns Gara e Loida. Ademais de facer de xurado, estes artistas interpretarán un total de nove temas ao longo da velada.

19.00 h. DEPORTES FERROL. No pavillón de Esteiro,Fútbol-Sala fiminino-Club Valdetires Ferrol FSF- CD VP Soto del Real

19.30 h. Letras Galegas en Ultramar. Concerto da Coral Airiños de Caranza na igrexa de Santo Domingo.

20.00 h. “Día das Letras galegas en Cedeira. O Auditorio Municipal será escenario do concerto de violín e piano do músico local Xaquín Carro Cribeiro e Severino Ortiz Rey, dúas xóvenes promesas galegas da música clásica.

20.00 h. Na sede do Real Coro “Toxos e froles” na rúa magdalena a editorial Embora presenta o libro-cd “Tanto Encanto Reunido”, do que son autores o colectivo ”Berros do Castro”. “Tanto Encanto Reunido” é una recompilación de fotografías antigas de músicos populares das comarcas de Ferrol, o Eume e Ortegal.
Entre as quince melodías seleccionadas por Berros do Castro para formar parte do disco está unha mazurca interpretada por Manuel Prieto e Andrés Nieto, afamados músicos populares de Ferrolterra. A finalidade última da edición de Tanto Encanto Reunido é a de recuperar e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial relacionado coa nosa música popular

20.00 h. No auditorio da praza de Galicia de Narón a Compañía Dramática de Évora (Portugal) pon en eseca a obra “Autos da revoluçao”

20.00 h. Misa solemne na igrexa de San Salvador de Fene en lembranza dos socios falecidos do CMI-Unidade de fene. Seguidamente, na sede social o xornalista e escritor Ramón Loureiro ofrecerá una conferencia . O remate entregaranse a insignia de prata os socios de máis de 25 anos. Rematará con una queimada. E actuación de Estrelecer.

20.30 h. No teatro Jofre, a compañía Chévere pon en escea a obra “Eurozone”

20.30 h. En Ultramar. Desfile poilas rúas do barrio dos “exercitos” participantes no “sitio francés a Ferrol”. Remata co encontró na praza de Ultramar e recreación da batalla.

22.00 h. No Ateneo Ferrolán concertó de “Ayala & O falso baiano” coa presentación do novo traballo musical “Brasil meu Barasil brasileiro”.

22.30 h. FESTAS DE SAN ISIDRO EN CEDEIRA-Gran verbena coa actuación da orquestra “Canada” e do grupo “Alcázar”.
22.30 h. Na sala Super 8, na rúa Real 223, actuación musical “El desván de Gloria”.

23.00 h. En Manchita Cosa, Magdalena, 138, concertó do quinteto Quintela, Amado, Amor, Painceiras, Reria & Pérez.

Lea también

Agenda de actos en la zona norte, domingo 4 de agosto.Y la receta del día

—-Quedan 149 días para finalizar el año. —-Tal día como hoy,4 de agosto de 1944, …