Cedeira investirá máis de 200.000 euros en realizar obras

rua-deportes
O Concello de Cedeira investirá máis de 200.000 euros na mellora de pistas, camiños e rúas tanto da zona urbana como da rural. Será a través de cinco proxectos presentados esta mañá ao pleno polo goberno que preside Luis Rubido e que eran aprobados en sesión extraordinaria. Todos eles buscan mellorar as condicións de circulación, reforzar a seguridade vial e a accesibilidade. Para o seu financiamento, recurriráse á liña de subvencións do Plan DTC 93 da Deputación Provincial de A Coruña, a través do cal Cedeira recibirá uns 163.000 euros.

O primeiro dos cinco proxectos do Concello será o reforzo e reparación do firme da rede de viais que comunican os núcleos de A Pena, O Rego e A Carballa coa estrada autonómica AC -566. Ademais de aplicar rego asfáltico para a súa pavimentación, procederase á limpeza das cunetas ubicadas nas súas marxes.
Evitar o deterioro progresivo e mellorar o estado do firme da rúa Regueiro e da Avenida Salinas é o obxectivo dos traballos previstos en ambos puntos e recollidos nun segundo proxecto. A actuación consistirá a grandes rasgos no fresado do aglomerado existente en ambas marxes dos viais e a pavimentación posterior. Completarase co pintado dos pasos de peatóns e demáis sinalización horizontal existente.

Un terceiro proxecto aprobado é a pavimentación de camiños municipais en Penadaguía, Cimadevila e Vilarnovo. Os traballos proxectados no lugar de Penadaguía consisten no acondicionamento e reparación do firme nun tramo cercano ao quilómetro e mediante regos asfálticos, así como a limpeza e perfilado de cunetas e rebacheo puntual naquelas zonas máis deterioradas. En Cimadevila, acometeráse o acondicionamento e pavimentación dun pequeno tramo de 125 metros e, no lugar de Vilarnovo, a pavimentación doutro tramo de 110 metros e outros traballos noutro treito de 280, como o rasanteo de caixa.

O cuarto proxecto levarase a cabo na rúa Deportes, a principal arteria de comunicación do pavillón municipal polideportivo para arranxar o deterioro sufrido. A actuación tamén pretende mellorar a accesibilidade da rúa e facilitar o seu uso ás persoas con mobilidade reducida.
O quinto e último proxecto previsto desdóbrase en dúas actuacións. Dunha banda, o acondicionamento do vial que une os lugares de Vila do Río e Veciñeira, ambos na parroquia de San Román e, o primeiro, o maior núcleo de poboación existente na zona rural do municipio, con máis de medio centenar de vivendas. Doutra banda, a mellora do vial secundario ubicado no lugar da Saíñas, na zona da Ribeira, na parroquia de Cedeira e tamén cunha gran concentración de vivendas no seus límites. En ambos casos, procederase á limpeza de cunetas e rebacheos puntuais e zonas especialmente deterioradas para, a continuación, proceder á aplicación de rego asfáltico.

Lea también

Valdoviño celebra una jornada de puertas abiertas en las escuelas unitarias

Las escuelas unitarias integradas en el CRA de Valdoviño celebran el próximo mes de febrero …