O BNG pide ao goberno local traballos de mellora no pavillón polideportivo de Santa Mariña

pabellon polideportivo de santa marinaO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixiu na mañá deste martes, día 25, ao goberno local que desenvolva traballos de mellora e adecentamento no pavillón polideportivo de Santa Mariña que palien as deficiencias do mesmo e lembran que se trata dunha instalación que conta cunha alta ocupación.

Para o BNG resulta importante que se atendan as necesidades deste e doutros pavillóns deportivos da cidade que presentan desperfectos pola falta de mantemento que redundan negativamente na calidade das actividades que se desenvolven nos mesmos.

Concretamente O BNG solicita que se proceda a revisar os quentadores de auga desta instalación xa que comezan a resultar insuficiente para os usuarios que fan uso dos mesmos. Así mesmo desde o BNG advirten que cumpre revisar e substituuir as vidrieiras do mesmo que nalgúns casos se atopan estaladas así como proceder à limpeza dos canos que provoca en ocasións que entre o auga da choiva dentro do pavillón así como tapar as pingueiras existentes.

Desde o BNG queren, tamén, instar ao goberno de Rey Varela a que lle preste maior atención a esta zona da cidade e mesmo que procedan a limpar e desbrozar a contorna deste pavillón de Santa Mariña para retirar a maleza e silvas existentes.

 

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …