O BNG acusa ao PP de asinar a pena de morte á enseada da Malata e á ría

puerto exterior-a malataO Bloque Nacionalista Galego acusa ao Partido Popular de asinar a pena de morte à enseada da Malata e à ría de Ferrol e chama a mobilizarse contra a decisión do Ministerio de Fomento do goberno de España de aprobación de decantarse polo trazado sur para o enlace ferroviario ao porto exterior de Ferrol.

O BNG censura que o Goberno Central, nunha decisión totalmente cuestionábel, se reafirme na alternativa Sur como a máis adecuada para a construción do enlace ferroviario ao porto exterior. en base a propia Declaración de Impacto Ambiental e ao estudio informativo que sustenta esta resolución e que non ten en conta a multitude de alegacións presentadas a este trazado as eivas dos documentos nin a forte oposición social a opción escollida asi como que non se pode considerar ambientalmente viable este proxecto, xa que o mesmo vai incidir de xeito negativo nesta zona como incidiu, no seu día, a decisión de rechear o peirao carboeiro avalada polos partidos estatais en Madrid, As medidas correctoras para salvar a enseada da malata son escasas e ineficaces e fican sen resolver aínda cuestións como, recolle a resolución do 2 de xaneiro, sobre os níveis de ruido en zonas do trazado,algunhas urbanas.

Non ao trazado sur

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, reitera que o trazado sur, alternativa escollida por Fomento e respaldada polo goberno municipal do PP en Ferrol, só vai aumentar a degradación da ría e da enseada da Malata, que soporta un sector importante na cidade como é o relativo ao marisqueo. Indicou, así mesmo, que o trazado sur é unha alternativa que se escolleu unicamente por un criterio económico, que ten unha dubidosa racionalización en base ao propio estudo informativo, e que o impacto que vai ter sobre a degradación da ría e da enseada da Malata non vai ser mitigado por ningunha medida correctora e menos cando a única que se contempla é unha pasarela peonil que acompañará a este trazado e un viaduto sobre a mesma.

 

 

 

 

 

Lea también

El BNG denuncia «persecución» laboral en la residencia de Caranza, donde la Xunta busca «reconducir» la situación

El diputado del BNG Ramón Fernández Alfonzo ha denunciado «persecución» laboral en la residencia de …