Licitación para a contratación do servizo de mantemento de campos de fútbol

campo-de-caranza

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) recolle hoxe venres día 3 o anuncio de licitación para a contratación do servizo de mantemento de campos de fútbol de céspede artificial, pistas de padel e pista multideportes dependentes do Concello de Ferrol. O contrato terá unha duración de dous anos -con posibilidade de prórroga- e un importe de 60.063,93 euros por ano (co 21% do IVE incluído). O prazo límite de presentación das ofertas estará aberto ata o día 18 de xaneiro e as propostas deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol.

Este servizo comprende o mantemento de dous campos de fútbol de dimensións FIFA, catro campos de fútbol sete, catro pistas de pádel e unha pista multideporte, o que supón unha superficie aproximada de 33.076 metros cadrados de céspede artificial. Máis polo miúdo, as instalacións municipais serán:

  • Caranza: 1 campo grande de fútbol, cunhas dimensións de 7.800 metros cadrados; 2 campos de fútbol sete.
  • A Gándara: 1 campo grande de fútbol de 7.800 metros cadrados; 2 campos de fútbol sete.
  • A Malata: 4 pistas de pádel.
  • Praza de Sevilla: pista multideporte.
  • Aneiros (Serantes): Campo de fútbol.

 

 

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …