Responsables comarcais do PSOE analizaron os orzamentos da Xunta

sestayo-victopria gomezA coordinadora comarcal socialista, Victoria Gómez, e  a diputada autonómica, Beatriz Sestayo, reuniron na tarde deste luns, día 28, na Casa do Pobo de Ferrol a responsables de todas as agrupacións socialistas e alcaldes da comarca para analizar os orzamentos autonómicos e así preparar e trasladar a necesidades de emmendar o texto orzamentario a fin de dar unha alternativa rigurosa e solvente de crecemento socieconómico para Ferrolterra, analizando os presupostos de forma individualizada por concellos e tamén buscando as sinerxias do impulso de unha comarca fortemente castigada.

Deixadez profunda

Victoria Gómez cualificou estes orzamentos para o 2014 para a comarca de psoe-reunion-28Ferrolterra como o resultado dunha “deixadez profunda por parte do Goberno da Xunta de Galicia cara a nosa comarca, xa que outro ano máis non hai investimento ningún no sector naval, que é o motor fundamental da comarca”. “Deixan os sectores produtivos máis necesarios para a comarca, pero curiosamente invisten no proyecto dun novo hospital para nada máis e nada menos que o ano 2050 sen contar con valoracións dos técnicos do Sergas e cando aínda non teñen rematado o plan director das instalacións actuais, posto que restan por realizar a fase 3 e a 4 de dito plan, no que se recolle a reforma da hospitalización da ala este, entre outras melloras, e quizais deberían centrarse no remate do Plan director ao igual que nos doentes crónicos , encamados e dos que necesitan axuda a domicilio antes que presentar un proxecto para un hospital novo ”, asegurou a coordinadora comarcal socialista.

Para Gómez, “esta comarca está a sufrir un dos maiores ataques por parte dos gobernos do PP; recordemos que a taxa de paro ronda o 30% e non hai trazas de que esto vaia mellorar nin a curto nin a longo” prazo», ao tempo que lembrou que Feijoo “vendeu un programa electoral baseado en mentiras, xa que él mismo avalou a construción duns floteis en Navantia, e o único certo a día de hoxe é que xa se fala máis dun ERE no estaleiro ferrolán que de carga de traballo”.

Dende o PsdeG de Ferrolterra seguiremos loitando e traballando para devolver a calidade de vida que se merecen os nosos veciños e darlle entre todos unha saida a esta comarca

Na reunión, concretáronse as emendas relativas aos diferentes municipios, que recolleu a deputada local Beatriz Sestayo e que agora trasladará ao Parlamento con partidas que agarda que sexan acepadas polo goberno da Xunta.

 

 

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …