Entrega do premio de novela longa «Blanco Amor»

eduardo blancoO alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidirá este sábado, día 2,  o acto de entrega do XXXI Premio de Novela Longa Blanco Amor.

Esta iniciativa promovida polo Concello de Ferrol, terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Jofre.

O acto estará aberto a todos os públicos e os interesados en asistir poderán recoller a súa entrada, de maneira gratuíta, na despacho do teatro municipal.

O galardoado da trixésimo primeira edición do “Premio de Novela Longa Blanco Amor” foi Jorge Llorca Freire coa súa novela “O violín de Rembrandt”.

O autor recibirá un premio en metálico de 12.020 euros.

 

Lea también

Neda exalta o seu produto estrela cunha visita interpretativa ao muíño do Carrizo, edición rockeira da Noite de Bolos e a Festa do Pan

O Concello convida á cidadanía a tomar parte da variada programación da festa, declarada de …