O grupo municipal de EU insta ao Alcalde a plantarlle cara a FEVE,RENFE e ADIF

NUEVO LOGOTIPO RENFE FEVE. FOTO: MAITE BARTOLOME. 24/01/13O grupo municipal de Esquerda Unida do concello de Ferrol  preocúpase pola situación que  está levando a recortes de servizos  nos medios de transporte de ferrocarril na nosa comarca.

Por elo envía uncomunicado aos medios  no que sinala  que «O Alcalde de Ferrol que é tamén o presidente da Mancomunidade e da Federación Galega de Municipios e Provincias contempla,impasible desde o seu retiro vacacional, como avanza a comarca cara ningures. Agora tócalle ao tren de cercanías, despois xa veremos. O Alcalde está contento pois rematou con resultados positivos ese titánico esforzo chamado plan de barrios ao que el , e algún máis, se entregaron con especial dedicación e rendemento. Tan absortos están algúns con tanto plan que se esquecen do FEVE.»

Recortes entre Ortigueira e Ferrol

 «O que vai acontecer o luns co recorte de paradas e servizos entre Ortigueira e Ferrol , entre outras medidas, é o resultado dunha sucesión de cousas que no último ano foron degranándose sucesivamente e que Esquerda Unida denunciou punto por punto. Crónica dun suceso anunciado o resultado final é, vai ser, a venda do ferrocarril todo, cando menos en canto a xestión. Poida que algúns acontecementos recentes adíen algunhas decisións pero non as van esquivar. Hai xa uns meses Esquerda Unida facíase eco de que a Federación Europea de Traballadores do Transporte alertara contra o proxecto de directiva que se estaba a tramitar no Parlamento europeo e que pretende liberalizar completamente o transporte de ferrocarril. A estratexia a seguir é a segregación previa da empresa pública unitaria diferenciando a xestión e dividindo ao traballadores introducindo dinámicas gremialistas así como o dumping social e a competencia con traballadores e servizos en precarios. O precariado chega por esta vía ao sector ferroviario. No infausto real decreto do 23 de febreiro deste ano chamado de «medidas de apoio ao emprendedor» o goberno contemplaba sen tapuxos na súa expresión as medidas privatizadoras: » La situación económica actual plantea la necesidad de que se intensifiquen las medidas de racionalización del sector ferroviario para lograr la máxima eficiencia en la gestión de los servicios e impulsar las procesos de liberalización ya iniciados.»

 A situación económica

«Certo– continuúa o comunicado- a situación económica actual plantea moitas necesidades; das importantes, todas están xeneradas ou deseñadas polos mesmos que, teolóxicamente, atribúen a un ser superior os nosos males mentres pola porta de atrás nos sirven os seus remedios. Agora xa estamos a ver os primeiros resultados de todo isto.

Chamamento público ao alcalde

 O grupo municipal de Esquerda Unida fai un chamamento público ao Alcalde de Ferrol para que defenda dunha vez os intereses da cidade , da comarca e dos seus cidadáns e cidadás, traballadores/as e estudiantes e plante cara a ADIF, RENFE e FEVE en defensa dos servizos públicos do ferrocarril de calidade prestado como servizo público por traballadores/as con dereitos que é ao que non debemos renunciar. Non aceptar as medidas de FEVE, nin estas nin as futuras é o camiño. Todo o demais é unha loucura irracional: ir cara ningures.»

 

 

 

 

 

Lea también

Abierta en Ferrol la presentación de ofertas para la licitación de obras de la envolvente carretera de Castilla 22

La Plataforma de Contratación del Sector Público del Estado recoge el plazo de presentación de …