Nunha nota remitida por Compromiso por Galicia este grupo político sinala o seu apoio ao futbol feminino e pide que se teña en conta no trofeo «Concepción Arenal».
O Comunicado sinala que «consideramos o principio de igualdade entre homes e mulleres, coma a igualdade de oportunidades, polo tanto instamos ao Concello de Ferrol a que inclúa o futbol feminino no cartel do Trofeo Concepción Arenal.
Consideramos que o deporte feminino, está medrando en numero de licencias, de clubs e require unha implicación das institucións para que se produza unha igualdade efectiva no recoñecemento social entre o deporte masculino e o feminino.
Para o coordinado da formación en Ferrolterra, Álvaro Montes “O concepto de axuda ao deporte do Alcalde Rey Varela e da Concelleira Susana Martinez está básado unicamente na axuda publica de aqueles eventos cós que poden sacar rendemento político. Aínda lembramos a medida populista de subvención de entradas na fase de ascenso do Racing Clube, ou a recepción oficial polo propio presidente Nuñez Feijoo”
Agardamos pois dende CxG que o Concello de Ferrol, encomende ao Racing Clube a organización dun torneo feminino, e que se teña ademais en conta aos outros clubes da comarca, facendo o posible para que esta medida a prol da igualdade de xénero sexa tamén tida en conta noutros deportes.»