Exposición de traballos das amas de casa de Neda

casa de las palmerasA Casa das Palmeiras de Neda acollerá este venres, día 28,  a inauguración dunha exposición promovida pola Asociación de Amas de Casa da localidade. Será a partires das 19 horas con entrada libre e gratuíta. Asistirán o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, e a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico. A mostra tamén poderá visitarse o sábado, en horario de mañá (de 11 a 13 horas) e de tarde (de 17 a 20 horas).

O público que visite a exposición poderá apreciar os traballos que realizan as mulleres da asociación nos obradoiros que organiza a entidade durante o curso. Auténticas obras de arte na técnica de bolillos, pintura, manualidades e bordado. Entre outros obxectos, pezas de mantelería, roupa de cama, cadros ao óleo… Así, dende a asociación tamén se avanza que retomarán os talleres no mes de outubro e que, en setembro, abrirán o correspondente prazo de inscripción para que as persoas interesadas poidan anotarse nas diferentes actividades.

Lea también

La escuela unitaria de Vilarrube cuenta con una persona cuidadora cinco días por semana

El Ayuntamiento de Valdoviño, a través de la concejala de Educación, Rosana García, valoró muy …