A Xunta concede a Neda un curso de formación para desempregados

poo

A Concellería de Traballo que dirixe José Manuel Gradaílle recibiu esta semana a notificación da Xunta de Galicia da aprobación dunha subvención de 40.500 euros para a celebración dun curso de formación dirixido a persoas en situación de desemprego. Trátase da acción Programador de aplicacións orientadas a obxectos, centrada no deseño e programación informática. Consta de 268 horas de duración e impartiráse nas instalacións do Centro Cívico e Social Municipal, sito na Avenida Xeneral Morgade. As plazas ofertadas serán 15 e, en breve, arrancará o proceso de selección. Neste caso, é o Inem quen envía os currículums dos aspirantes ao Concello e, de entre estes e tras unha entrevista persoal, saen os futuros alumnos.

Para o citado curso, esíxense uns requisitos a nivel de formación previa como ter cursado un ciclo de FP II, preferentemente na rama de informática; estudos de BUP ou Bachiller con coñecementos de programación. Nesta liña, e amáis do contido específico de cada actividade, a acción incluirá a impartición de dous módulos transversais: “Inserción laboral, sensibilización ambiental e igualdade de xénero” e “Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e correspon-sabilidade familiar e doméstica”. Segundo o calendario previsto, o curso dará co-mezo ao longo do mes de xullo.

 

 

Lea también

Abierto el “Rastrillo solidario” organizado por la Asociación Amas de Casa de Neda

Ya está abierto al público en la Casa das Palmeiras el “Rastrillo solidario” que, como …