Sestayo esixe no Parlamento que Feijóo cumpra a Constitución e o Estatuto de Autonomía e mostre «os supostos» contratos de Pemex

beatriz sestayo-28-a A deputada socialista Beatriz Sestayo levou varias iniciativas ao Parlamento para esixir ao presidente Feijóo que cumpra a súa obriga de someterse ao control do Parlamento e mostre “dunha” vez os supostos contratos de Pemex. A tamén secretaria xeral dos socialistas de Ferrol afirma que ”non parará” ata que o presidente da Xunta acate o que a Constitución e o Estatuto de Autonomía lle obrigan, e lémbralle que malia que cada día a cercenen, “aínda Galicia formalmente é unha democracia, existe Parlamento cun Regulamento e nin Feijóo nin ninguén pode saltarse ás súas obrigas”. “Quen faga iso está metendo a Galicia nun totalitarismo que é inaceptable nunha democracia”, asegurou a parlamentaria.

Nas iniciativas rexistradas, Sestayo lembra que ten solicitado ao abeiro do Regulamento da Cámara, de cumprimento imperativo, os xa «famosos contratos de Pémex». “A petición está formulada de todas as formas posibles, sexan contratos como afirmaba Feijóo, sexan documentos, sexan memorandum de intencións”, di a deputada, que engade que “o certo é que o Goberno autonómico incumpre o deber de ser controlado politicamente pola Cámara, poñendo en perigo o mesmo sistema democrático, constitucional e estatutario”.

“A presidenta do Parlamento está a ser cómplice ao permitir que o Goberno desprece á Cámara de representación popular”, considera Sestayo, que subliña no argumentario das súas iniciativas que a crise do naval segue a crecer “mentres todas e cada unha das promesas fóronse evaporando: o centro de reparacións, o dique flotante, os remolcadores, os quimiqueiros, e ata o flotel”. Para a responsable socialista, “as mentiras deixaron paso a un silencio vergoñento”.

 

 

 

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol votaron paralizar los trabajos de aceros de las F-110

Los operarios de Navantia Ferrol han aprobado este miércoles, mediante un referéndum con voto en …