O Concello de Neda habilita cinco puntos de recollida de aceite doméstico

SANYO DIGITAL CAMERA A veciñanza de Neda dispón dende esta semana de colectores para o depósito de aceite doméstico usado. En concreto, cinco puntos ubicados no termo municipal polo Concello de Neda.

O obxetivo é favorecer a reciclaxe deste tipo de residuo, minimizando deste xeito o seu impacto medioambiental. O novo mobiliario está a disposición da cidadanía na Avenida de Alxeciras (á altura dos números 95-97), na rúa Santa María (nº 55), Avenida de Xubia (nº 45), Muchiqueira (nº 16) e Mourela Baixa (nas inmediacións do transformador de Fenosa). Segundo avanzou a concelleira de Promoción Económica, Montse Rico, tras un periodo de probas e analizada a resposta da veciñanza, o Concello valorará a necesidade de ubicar novos puntos de recollida, reforzándose o servizo segundo a demanda.

Cada contenedor, accesible para persoas con diversidade funcional, terá unha capacidade de 180 litros e a recollida programaráse inicialmente cada quince días. A empresa encargada do servizo, Procesadora Gallega de Alimentos, tamén limpará e desinfectará os contenedores. A edil Montse Rico subliñou a importancia de reciclar este tipo de residuos polo seu grave impacto medioambiental e asegurou que, a partir dagora, non hai excusas para non facelo. Nesta liña, explicou que os aceites de cociña usados constitúen un residuo moi abundante –a media en España é de sete litros por habitante e ano– e cun alto poder de contamintación –un litro contamina 1.000 litros de auga-. Así mesmo, engadiu que, do volumen do residuo, estímase que o 80% xérase nos domicilios particulares e, o 20% restante, na hostelería, colectividades e industria.  O máis alarmante é que o 99% dos fogares elimina o aceite de cociña usado a través do desaugue.

O  aceite que os nedenses depositen nos contenedores unha vez recollido, o residuo trátase para a súa posterior transformación en biocombustible-biodiésel.

 

 

 

Lea también

Pilar Lozano Yáñez foi elixida responsábel comarcal do BNG

O BNG continúa o proceso de renovación dos seus organismos de dirección despois da celebración …