Ruta «do pincho» en Ares

pinchosO Concello de Ares colabora un ano máis na ruta do Pincho que xa chega á súa quinta edición e organiza a Asociación de Empresarios de Ares, Asemares. Como informou a súa presidenta, Ana María García López, nesta ocasión tamén colabora a ferretería SAR, Master Cadena y Bodegas Murillo Viteri.

A ruta do pincho desenvolverase durante as fins de semana –sábados e domingos- ata o 16 de xuño, en horarios de 12.30 a 14.30 e de 19.30 a 21.30 horas, ata o 16 de xuño. Durante o horario establecido, os 13 locais que participan –Cervecería Abel, A Kafeta, Yambú, Casino Aresano, O Gaiteiro, Casa Reme, O’Bodegón, Porta do Sol, O’Lago, La Tribu, El Pescador, La Ría e Prados Vellos-, entregarán aos participantes os cartóns nos que porán o cuño correspondente por cada pincho, que inclúe consumición e terá un prezo de dous euros.

Os cartóns poderán depositarse nas urnas que haberá en cada establecemento ata o día 19 de xuño. Un xurado de cociña percorrerá todos os locais para probar cada pincho e, unha vez avaliados todos, procederase á elección dos premiados por categorías. O establecemento que resulte vencedor da categoría de “mellor pincho” acollerá o sorteo de premios entre as persoas que teñan entregado os cartóns correctamente selados por todos os participantes.

 

 

 

 

Lea también

El equipo de albañiles del Plan de Empleo Local de Neda ya está operativo

La cuadrilla municipal de obras, contratada a través del Programa de Empleo Local (PEL-Concellos), que …