O Concello de Neda inicia as obras de acondicionamento de cinco camiños nas parroquias de Anca, Santa María e Viladonelle

concello de nedaO concelleiro de Medio Rural de Neda, Roberto Rey, anunciou  que a Administración local vén de iniciar as obras de acondicionamento de cinco camiños repartidos polo termo municipal con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación provincial de A Coruña. As intervencións desenvolveranse nas parroquias e lugares de Viladonelle, Cruz do Pouso, O Puntal, Anca e Casadelos, con un orzamento total de 60.000 euros e un prazo de execución de tres meses.

Segundo explicou o edil de Medio Rural, o Concello realizou un estudo a pé de campo sobre o estado das diferentes pistas e camiños do municipio e, o mesmo, deu como resultado a selección efectuada ao tratarse dos viais municipais en peor estado e tendo presente a presenza de núcleos poboacionais cercanos. Deste xeito, o goberno municipal levou esta proposta a pleno, recibindo o apoio de todos os grupos municipais con representación na corporación. Agora, e coa chegada do bo tempo, arrancan as actuacións.

En concreto, as intervencións desenvolveránse en Viladonelle (nun camiño de 599,70 metros de lonxitude e 3,70 metros de ancho medio); Camiño en Cruz do Pouso (camiño de 566 metros de lonxitude e 3,60 metros de ancho medio); Camiño no Puntal (de 200 m e 3,50 m de ancho medio), e Camiño en Anca (de 375 m e 3 de ancho). Nestas vías, procederase á súa pavimentación con rego asfáltico e limpeza de cunetas. E, no Camiño en Casadelos, daráse resposta aos problemas de inundacións mediante a colocación dun paso salvacunetas que recolla e canalice as augas.

 

 

 

Lea también

Pilar Lozano Yáñez foi elixida responsábel comarcal do BNG

O BNG continúa o proceso de renovación dos seus organismos de dirección despois da celebración …