O PSOE contra o proxecto de remodelación da praza de España

(Rosa Méndez, secretaria organización PSdG-PSOE-Ferrol)
(Rosa Méndez, secretaria organización PSdG-PSOE-Ferrol)

O Comité  Executivo local do PSdeG-PSOE de Ferrol quere amosar o seu máis profundo reixeitamento ao proxecto de remodelación da praza de España, entendendo que dita praza xa foi rematada no seu momento polo goberno anterior e investir na mesma máis de 800.000 euros non é máis que unha operación de “maquillaxe inútil” e “despilfarro sen precedentes” que ven afondar na incompetencia á que nos ten acostumados este goberno. Por outra banda, a grave situación económica pola que atravesan un bo número de veciños e veciñas da cidade, algunha delas de extrema gravidade, “está moi lonxe de poder permitirnos obras inútiles que conleven semellante presuposto, que ben podería ser utilizado para axudar ás persoas máis necesitadas, do mesmo modo que a entidades de carácter social que están a cubrir os ocos que esta administración municipal deixa baleiros”, subliñana secretaria de Organización e experta en patrimonio, Rosa Méndez.

Ao seu xuízo, na actualidade, os cidadáns e cidadás de Ferrol son máis que coñecedores do “completo desprezo” que o goberno do PP amosa por esta praza. Así, afirman que as súas zonas verdes están completamente abandoadas, as árbores non reciben o mantemento adecuado e a fonte amosa un aspecto de  deterioro que non corre parello coa súa realidade, que non é o outra que a dunha fonte completamente rematada que so agarda ser posta en funcionamento. Igualmente, as construccións de propiedade municipal da praza, concibidas no seu momento para diferentes funcións, están pechadas e sen ningún tipo de limpeza interior e exterior. Aspectos todos eles, como afirman os socialistas, que nos levan ao obxectivo que se pretende acadar: enganar aos cidadáns, tentando facerlles ver que estamos ante unha praza necesitada dunha profunda remodelación. “Todo isto non fai máis que abondar nese desexo oculto dunha nova inauguración, dunha medalla na lapela e dunha política errática que camiña cara ao electoralismo”, incide Méndez.

Finalmente, ese “seudo-Gaiás” que se está a proxectar, conlevará un mantemento permanente que nin a cidade pode permitirse, nin o actual goberno é quen de garantilo, tendo en conta o aspecto xeral da cidade, “máis propio dos anos sesenta que do século XXI”.

É por todo isto que este Comité Executivo local do PSdG-PSOE esixe unha atención preferencial a ese espazo, no senso de intervención urxente nas zonas verdes e arboradas, reposición de pavimentos deteriorados, funcionamento inmediato da fonte rematada e utilización dos pequenos edificios centrais como zonas lúdicas ou informativas. Como destacan os socialistas, estas actuacións, evidentemente, suporían un custe infinitamente inferior al proxectado polo goberno “popular” de José Manuel Rey e, ademais de ser un investimento asumible nestes duros tempos, conlevaría unha mellora notable e revitalizadora deste espazo e da súa zona de influencia.

 

 

 

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …