O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol manifestou na mañá deste mércores, día 24, o seu desacordo coa decisión do Goberno Local de subvencionar a venda de entradas para o play-off de ascenso que xogue o Racing de Ferrol por considerar que nestes momentos de crise económica na nosa cidade existen prioridades sociais mais importantes á que destinar unha partida económica á subvencionar un partido de futbol.
«Para o BNG- sinalan nun comunicado- resulta esencial fixar un criterio riguroso à hora de priorizar o gasto público sobre todo cando estamos atravesando unha etapa económica dificil, mesmo cando desde o Goberno Municipal se estan a recortar axudas a entidades sociais, cando se pide à cidadanía maiores esforzos fiscais, cando reducimos axudas a clubes deportivos de base.
O BNG, indicou que, a maiores desta axuda da que se descoñece o custe real que vai ter para as arcas municipais, o concello de Ferrol xa ten aportado este ano ao Racing de Ferrol unha axuda de 230.000 €, que supón o mesmo gasto que o que teoricamente vai a destinar à reparación de vivendas en Recimil para poder entregalas aos beneficiarios/as.»