Acto do BNG para denunciar a nova quita ás persoas afectadas polas preferentes

 

bng-preferentesO Bloque Nacionalista Galego desenvolveu na mañá  desde venres, día 12,un acto na praza de Armas co obxectivo de trasnmitir a opinión pública o seu posicionamento a respecto da recente norma aprobada no Congresos dos Deputados polo Partido Popular  e algún outro  «na que mediante as quitas aos afectados das preferentes via executar o roubo dos aforros de galegos e galegas».

Este acto que se fixo simultaneamente en varias ciudades galegas e nas cabeceiras de comarca consistiu na leitura por parte do portavoz municipal do BNG dun manifesto que recollía o posicionamento do BNG.

O manifesto

No manifestó se sinalaban  os seguintes puntos:

Que a decisión política que ampara esta estafa está baseada unicamente nos intereses do sector financeiro, consolida o culto á usura e á desigualdade e afonda aínda máis na separación entre unha elite máis rica e unha maioría da poboación cada vez máis empobrecida.

 Que existe un comportamento demagóxico por parte de deputadas e deputados galegos do Partido Popular que, mentres din solidarizarse e estar á beira das persoas afectadas, aproban directamente ou consenten con complicidade a posición política do seu partido, aliado da banca e dos intereses financeiros e que, por tanto, ao non representaren a cidadanía galega, merecen a nosa reprobación pública.

 Que este atentado contra aforradores e aforradoras supón un grave prexuízo individual e colectivo para a nosa economía, pois quítannos a posibilidade de que unha parte substancial desas cantidades acabe por significar investimentos no propio concello que poderían axudar ás pequenas economías locais en tempos de crise.

 Que, nese sentido, queremos sumarnos ás voces que exixen a devolución íntegra das cantidades que as persoas aforradoras depositaron sen recibiren información adecuada do produto que adquirían.

Transmitímoslle así á cidadanía a nosa vontade de continuar a defender a modificación dunha lexislación e dunhas decisións políticas que tentan eliminar totalmente as nosas posibilidades de desenvolvemento».

 

 

 

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …