Narón conta con 39.428 habitantes, según o Concello

concello de naron-10-aO Instituto Nacional de Estatística (INE) ven de remitir ó Concello de Narón a proposta de cifra de poboación a 1 de xaneiro de 2013, na que se recoñecen 39.428 habitantes.

Non obstante, o Concello de Narón xa enviou as alegacións correspondentes a esta cifra,  baseadas no ficheiro padronal e que fixan en 39.637 habitantes a poboación de Naron. A resposta do INE darase a coñecer a finais de ano, coma ven sendo habitual.

Aínda así, o crecemento poboacional de Narón continúa a ser unha constante nos últimos anos. Cabe lembrar que o INE recoñeceu con data de 1 de xaneiro de 2012 un total de 39.238 habitantes, o que supón –á espera da aprobación das alegacións- un crecemento mínimo de 190 habitantes no último ano.

 

 

 

Lea también

Inscripción abierta en Neda para participar en las escuelas de teatro infantil y juvenil

Neda retoma en noviembre las escuelas municipales de teatro. Los jóvenes aficionados al mundo de …