O secretario xeral da Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos da Seguridade do Estado (dependente do Ministerio do Interior), Rafael Ferrera Corraliza, acaba de enviar unha comunicación ó Concello na que se lle informa da adxudicación directa das antigas instalacións da Guardia Civil en Xuvia. O goberno de España acepta a proposta feita a inicios desta semana polo Alcalde de Naron, José Manuel Blanco, quen se desplazou ata Madrid o pasado luns día 11 de marzo para valorar con Ferrera Corraliza os costes de derribo deste inmoble, e chegar a unha negociación razonable para ambas partes para evitar ter que recurrir á Xustiza o que demoraría en varios anos a adquisición deste equipamento.
Nesa xuntanza, o Ministerio de Interior aceptou abonar parte do coste de derribo desta edificación, comprometéndose a aportar entre 75.000 e 80.000 euros, que se descontarán do precio que pagará o Concello polo vello inmoble. Unha vez examinada a proposta do Concello de Narón, os servizos técnicos do Ministerio do Interior atopáronna conforme e fixaron o prezo de adxudicación do edificio en 158.680,56€.
Agora o Concello de Narón realizará o ingreso do 25% deste importe (39.670,14€) no segundo semestre deste ano 2013, a fin de tramitar a transmisión desta propiedade, en concepto de garantía e primer prazo. Tamén se remitirá ó Ministerio do Interior a certificación do acordo plenario no que se aprobou esta adquisición.
O Concello disporá dun máximo de catro anos (ata o ano 2016 incluido) para abonar o resto do importe. Cabe recordar que o prezo de venta deste edificio en desuso aprobouse en 234.680 euros, a proposta do Concello de Narón, logo de conseguir unha importante rebaixa na oferta inicial, fixada en 860.000€ polo Ministerio do Interior.