O programa municipal «Lesme un conto?» centra a súa temática no Día da Muller

libroO Concello de Neda invita a nenos e maiores a participar este mércores, 6 de marzo, nunha nova sesión do programa cultural “Lesme un conto?”.

Celebrarase como de costume na Biblioteca Municipal da localidade, a partires das seis da tarde e, nesta ocasión, terá moi en conta o Día Internacional da Muller. Segundo explicou a concelleira de Cultura e Educación, Eva Olmo, os participantes poderán desfrutar de seis narracións infantís con mulleres, rapazas ou nenas como protagonistas.

“Lesme un conto?” é un proxecto de animación á lectura e achegamento ao centro municipal dirixido ás familias que se vén celebrando dende o mes de novembro cun notable éxito de participación. No mesmo, persoal propio do departamento municipal de Cultura, así como nais, pais e avós contanleen diferentes narracións infantís para os seus fillos e fillas.

Trátase de que os nenos e as nenas vexan e escoiten que os contos están nos libros e lles apeteza así leelos ou que llos lean. Tras estas “lecturas compartidas”, os máis pequenos da casa pasarán un rato lendo cos seus familiares e volverán a seleccionar aqueles libros que desexen levar á casa.

 

 

Lea también

O polideportivo de Cedeira convértese nun parque de atraccións polo Nadal

O Concello de Cedeira instalará un ano máis un parque de xogos e atraccións no …