Rematou con éxito o plan de emprego en Fene

concello-de-feneO pasado xoves, día 14 , rematou con éxito en Fene o «Plan de emprego da provincia da Coruña»  que se levou a cabo por un convenio de colaboración entre a deputación provincial da Coruña e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para a prestación de servizos sociais básicos nos concellos e para a contratación de persoas desempregados.

O concello de Fene se inscribeu nese «plan de emprego» para a execución da memoria valorada “Mantemento de infraestructuras viarias e pequenas obras municipais no concello de Fene” por importe de 23.901,69 euros e por seis meses de duración.

O Concello aportou a maquinaria, ferramenta, equipamento e os materiais para a realización das tarefas solicitadas.

A deputación da Coruña contratou e costeou as catro persoas desempregadas para realizar as tarefas solicitadas, que tiveron unha xornada laboral de 30 horas semanais.

As obras consistiron fundamentalmente en :

*-Limpeza e desbroce de rede viaria municipal e limpeza de espazos públicos en Fene Perlio e San Valentín.

– Limpeza pista polideportiva Fene

-Limpeza e acondicionamento pista polideportiva Limodre, incluindo o arranxo de vestiarios.

-Limpeza e acondicionamento pista polideportiva Sillobre

-Limpeza e acondicionamento pista polideportiva Maniños.

 

Lea también

Exitosa actuación del Club Kang en el Campeonato Gallego Promesas de taekwondo

El Club Kang, asistió este fin de semana al Cto. Gallego Promesas de combate de …