Recibimos do comité de empresa de Traballo e Benestar de A Coruña un comunicado no se indica que «Os traballadores/as da Residencia Mixta de maiores de Caranza realizaron unha concentración de protesta acorde aos tempos de Entroido nos que estamos. Demandaron o respeto das condición laborais que foron suprimidas cá suspensión de varios Arts. do V Convenio que establecían a compensación por domingos e festivos e o poder conciliar a vida laboral e familiar; a implantación das carteleiras do ano 2013 respetando o tempo de descanso entre xornadas e que a día de hoxe todavía están sin negociar e que se respeten os seus dereitos económicos e laborais (xa que en palabras da Conselleira estes traballadores/as fan de máis dados os tempos que corren; polo tanto que nos resarza nos nosos dereitos).
O persoal tamén solicitou un rescate para a súa afogante situación ou un casco de obra para aguantar a que esta a cair. Ao final meteron as súas reivindicacións nun sobre con reproduccións de billetes de euros que foron entregados á Administración porque pode que así se faga máis caso das nosas reivindicacións.»